Cantigas de Santa Maria (101 – 200), Alfonso el sabio

PDF: Cantigas de Santa Maria (101 – 200), Alfonso el sabio
Cantigas de Santa Maria (101 – 200)
Alfonso el sabio
fonte: http://brassy.club.fr/index.html
Cantigas











































Cantiga 101
Cantiga 102
Cantiga 103
Cantiga 105
Cantiga 106
Cantiga 108
Cantiga 109
Cantiga 111
Cantiga 112
Cantiga 114
Cantiga 117
Cantiga 118
Cantiga 119
Cantiga 121
Cantiga 122
Cantiga 123
Cantiga 124
Cantiga 127
Cantiga 126
Cantiga 129
Cantiga 130
Cantiga 131
Cantiga 132
Cantiga 133
Cantiga 134
Cantiga 136
Cantiga 137
Cantiga 138
Cantiga 139
Cantiga 140
Cantiga 142
Cantiga 143
Cantiga 145
Cantiga 147
Cantiga 148
Cantiga 149
Cantiga 150
Cantiga 151
Cantiga 152
Cantiga 153
Cantiga 156
Cantiga 158
Cantiga 159
BEN POD’A SENNOR SEN PAR
SEMPR’AOS SEUS VAL
QUENA VIRGEN BEN SERVIRA
GRAN PIADAD’E
PRIJON FORTE NEN DULTOSA
DEREIT’E DE SS’END’ ACHAR
RAZO AN OOS DIABOS
EN TODO TEMPO FAZ BEN
NAS COITAS DEVEMOS
A QUE SERVEN TODO
DEST’UN FREMOSO
FAZER PODE
COMO SOMOS PER CONSELLO
DE MUITAS MANEIRAS
MIRAGRES MUITOS PELOS
DE SANTA MARIA SINAL
O QUE POLA VIRGEN LEIXA
NON POD’OME
DE TODA CHAGA
DE TODO MAL
QUEN ENTENDER QUISER
EN TAMANNA COITA
QUEN LEIXAR SANTA MARIA
RESURGIR PODE
A VIRGEN EN QUE
POIS LAS FIGURAS FAZEN
SEMPR’ACHA SANTA MARIA
QUEN A SANTA MARIA
MARAVILLOSOS ET PIADOSOS
A SANTA MARIA DADAS
PENA GRAN COITA
QUEN ALGA COUSA
O QUE POLA VIRGEN
A MADRE DO QUE A BESTIA
DE MUI GRANDES PERIGLOS
FOL E A DEMESURA
A QUE DEUS AMA
SEMPR’A VIRGEN
TANTAS NOS MOSTRA
QUEN QUER QUE
A MADRE DO QUE DE TERRA
DE MUITOS GUISAS
NON SOFRE SANTA MARIA•





























Cantiga 160 QUEN BOO DONA QUERRA
Cantiga 162 A SAS FIGURAS
Cantiga 165 (395) NIUN PODER D’ESTE
Cantiga 166 OND AVEO A UN OME
Cantiga 167 QUEN QUER QUE NA VIRGEN
Cantiga 168 EN TODO LOGAR
Cantiga 169 A QUE POR NOS SALVAR
Cantiga 173 TANTAS EN SANTA MARIA
Cantiga 174 COMO AA VIRGEN PESA
Cantiga 177 NON VOS E GRAN MARAVILLA
Cantiga 178 A QUE FAZ O OME MORTO
Cantiga 179 BEN SAB’A
Cantiga 180 VELLA E MINA
Cantiga 182 DEUS QUE MUI BEN BARATA
Cantiga 183 PESAR A SANTA MARIA
Cantiga 184 A MADRE DE DEUS
Cantiga 185 PODER A SANTA MARIA
Cantiga 186 QUEN NA VIRGEN
Cantiga 187 GRAN FE DEVIA
Cantiga 188 CORACON D’OM O DE MOLLER
Cantiga 189 BEN PODE SANTA MARIA
Cantiga 190 POUCO DEVEMOS PRESSAR
Cantiga 192 MUITAS VEGADAS
Cantiga 193 SOBELOS FONDOS DO MAR
Cantiga 194 COMO O NOME DA VIRGEN
Cantiga 195 QUENA FESTA E O DIA
Cantiga 197 COMO QUER QUE GRAN PODER
Cantiga 198 MUITAS VEZES VOLV’O DEMO
Cantiga 199 COM’E O MUND’O
Cantiga 200 SANTA MARIA LOEI
Ben pod’ a Sennor sen par
– 101 –
Como Santa Maria guareceu o que era sordo e mudo.
Ben pod’ a Sennor sen par
fazer oyr e falar.
Com’ ha vegada fez
a un mud’ a de bon prez
e sordo, que da vez
o foi de todo sãar.
Ben pod’ a Sennor sen par…Este fora a Seixon
rogar Deus no coraçon,
ca pela boca ja non
llo podia el mostrar,
Ben pod’ a Sennor sen par…
Senon por sinas fazer
con sas mãos, e gemer
ant’ a Virgen, que valer
lle quisess’ e ajudar
Ben pod’ a Sennor sen par…
Per que podesse oyr
e falasse sen falir.
E por aquesto partir
non se quis d’ ant’ o altar,
Ben pod’ a Sennor sen par…
Trões que a gran Sennor
que Madr’ é do Salvador
lle mostrou tan grand’ amor,
como vos quero contar,
Ben pod’ a Sennor sen par…
Que logo ll’ apareceu,
e con sas mãos tangeu
ll’ o rostr’ e o guareceu
e foi-ll’ a lingua soltar.
Ben pod’ a Sennor sen par…
E as orellas ll’ abriu,
assi que tan tost’ oyu,
e o sangui lle sayu
da lingu’ e delas a par,
Ben pod’ a Sennor sen par…
Assi que log’ enton deu
loores, com’ aprix eu,
aa Virgen, e por seu
ficou en aquel logar.
Ben pod’ a Sennor sen parSempr’ aos seus val
– 102 –
Como Santa Maria livrou un crerigo
que os ladrões deitaran en un poço.
Sempr’ aos seus val,
e de mal todavia
guarda-os sen al
a mui Santa Sennor.
Desto contarei de grado
un gran miragre provado
que fez por un ordado
crerig’ a dos santos Fror.
Sempr’ aos seus val…
Este era todavia
mui dad’ a Santa Maria
e quant’ ele mais podia
punnava en ssa loor.
Sempr’ aos seus val…
Onde fora dun camo
ya este pastorynno,
e encontrou un meno
que lle disse: «Muy mellor,
Sempr’ aos seus val…
Vos guiarei, se quiserdes
ir migo e mi algo derdes;
e se vos esto fezerdes,
sol non ajades pavor
Sempr’ aos seus val…
Que vos mal façan ladrões
nen outros maos peões.»
E el fillou pepiões
e deu-ll’ end’ a seu sabor.
Sempr’ aos seus val…
E pois que llos ouve dados,
levó-o per seus pecados
u estavan ajuntados
ladrões, o traedor,Sempr’ aos seus val…
Que o logo mal chagaron
e todo o debullaron
e en un algar deitaron
que non avia peor
Sempr’ aos seus val…
En niun logar, e fondo
era muit’ e non redondo,
mais avya y avondo
de muita maa cheiror.
Sempr’ aos seus val…
El assi juso caendo,
«Santa Maria» dizendo
ya, que o acorrendo
foi logu’ e del guardador
Sempr’ aos seus val…
Que non caesse ben juso,
como é de caer uso,
mas en [un] logar escuso
de costa, u morador
Sempr’ aos seus val…
Foi aquela noit’. E tantos
deitaron pos el de cantos,
ond’ ouve muitos espantos.
Mais ben sõo sabedor
Sempr’ aos seus val…
De com’ en non foi ferido,
mais, en com’ eu ei oydo,
contra a luz deu apelido,
chamand’ a do Salvador
Sempr’ aos seus val…
Madre; e eles fugiron,
mais ant’ o foyo cobriron.
E pastores lo oyron,
que ali en derredor
Sempr’ aos seus val…Eran en esse deserto;
e poi-lo foyo aberto
ouveron, viron de certo
jazer aquel pecador.
Sempr’ aos seus val…
E logo cordas preseron
que lle deitadas ouveron,
e assi o en trouxeron,
mais chagad’ e sen coor.
Sempr’ aos seus val…
E pois lles ouve contada
a verdad’ e demostrada,
foi deles poren loada
muit’ a dos santos mayor.
Sempr’aos seus val…
Quena Virgen ben servirá
– 103 –
Como Santa Maria feze estar o monge trezentos anos ao canto da passara,
porque lle pedia que lle mostrasse qual era
o ben que avian os que eran en Paraiso.
Quena Virgen ben servirá
a Parayso irá.
E daquest’ un gran miragre vos quer’ eu ora contar,
que fezo Santa Maria por un monge, que rogar
ll’ia sempre que lle mostrasse qual ben en Parais’ á
Quena Virgen ben servirá
a Parayso irá.
E que o viss’ en ssa vida ante que fosse morrer.
E porend’ a Groriosa vedes que lle foi fazer:
fez-lo entrar en ha orta en que muitas vezes ja
Quena Virgen ben servirá
a Parayso irá.
Entrara; mais aquel dia fez que ha font’ achou
mui crara e mui fremosa, e cab’ ela s’assentou.
E pois lavou mui ben sas mãos, diss': «Ai, Virgen, que seráQuena Virgen ben servirá
a Parayso irá.
Se verei do Parayso, o que ch’ eu muito pidi,
algun pouco de seu viço ante que saya daqui,
e que sábia do que ben obra que galardon averá?»
Quena Virgen ben servirá
a Parayso irá.
Tan toste que acababa ouv’ o mong’ a oraçon,
oyu ha passarinna cantar log’ en tan bon son,
que sse escaeceu seendo e catando sempr’ alá.
Quena Virgen ben servirá
a Parayso irá.
Atan gran sabor avia daquel cant’ e daquel lais,
que grandes trezentos anos estevo assi, ou mays,
cuidando que non estevera senon pouco, com’ está
Quena Virgen ben servirá
a Parayso irá.
Mong’ alga vez no ano, quando sal ao vergeu.
Des i foi-ss’ a passarynna, de que foi a el mui greu,
e diz: «Eu daqui ir-me quero, ca oy mais comer querrá
Quena Virgen ben servirá
a Parayso irá.
O convent’.» E foi-sse logo e achou un gran portal
que nunca vira, e disse: «Ai, Santa Maria, val!
Non é est’ o meu mõesteiro, pois de mi que se fará?»
Quena Virgen ben servirá
a Parayso irá.
Des i entrou na eigreja, e ouveron gran pavor
os monges quando o viron, e demandou-ll’ o prior,
dizend': «Amigo, vos quen sodes ou que buscades acá?»
Quena Virgen ben servirá
a Parayso irá.
Diss’ el: «Busco meu abade, que agor’ aqui leixey,
e o prior e os frades, de que mi agora quitey
quando fui a aquela orta; u seen quen mio dirá?»
Quena Virgen ben servirá
a Parayso irá.Quand’ est’ oyu o abade, teve-o por de mal sen,
e outrossi o convento; mais des que souberon ben
de como fora este feyto, disseron: «Quen oyrá
Quena Virgen ben servirá
a Parayso irá.
Nunca tan gran maravilla como Deus por este fez
polo rogo de ssa Madre, Virgen santa de gran prez!
E por aquesto a loemos; mais quena non loará
Quena Virgen ben servirá
a Parayso irá.
Mais d’outra cousa que seja? Ca, par Deus, gran dereit’ é,
pois quanto nos lle pedimos nos dá seu Fill’, a la ffe,
por ela, e aqui nos mostra o que nos depois dará».
Quena Virgen ben servirá
a Parayso irá.
Gran piadad’ e
– 105 –
Como Santa Maria guareceu a moller que chagara seu marido porque a non podia
aver a ssa guisa.
Gran piadad’ e mercee e nobreza,
daquestas tres á na Virgen assaz,
tan muit’ en, que maldade nen crueza
nen descousimento nunca lle praz.
E desto fezo a Santa Reynna
gran mirage que vos quero contar,
u apareceu a ha mena
en un orto u fora trebellar,
en cas de seu padr’ en ha cortynna
que avia ena vila d’ Arraz.
Gran piedad’ e mercee e nobreza…
Cuando a viu ouv’ enton tan gran medo
que adur pod’ en seus pees estar,
mai-la Virgen se lle chegou mui quedo
e disse: «Non ás por que t’ espantar;
mais se me creveres, irás mui cedo
u verás meu Fill’ e min faz a faz.Gran piedad’ e mercee e nobreza…
Esto será sse ta virgidade
quiseres toda ta vida guardar
e te quitares de toda maldade,
ca por aquesto te me vin mostrar.»
Diss’ a moça: «Sennor de piadade,
eu o farei, pois vos en prazer jaz.»
Gran piedad’ e mercee e nobreza…
Enton sse foi log’ a Virgen Maria;
e a meninna ficou no lugar
mui pagada e con grand’ alegria,
e no coraçon pos de non casar.
Mais seu padre lle diss’ assi un dia:
«Casar-te quero con un Alvernaz,
Gran piedad’ e mercee e nobreza…
Ome que é mui ric’ e muit’ onrrado
e que te quer logo grand’ algo dar.»
Diss’ a moça: «Esto non é penssado,
ca Santa Maria mio fez jurar,
que mi apareceu no orto, no prado,
u trouxe sigo d’ angeos grand’ az.»
Gran piedad’ e mercee e nobreza…
E o padr’ e a madre perfiados
a foron mui sen seu grad’ esposar.
E quando os prazos foron chegados,
fezeron vodas; e depois jantar
foron os novios ambos enserrados
de ssuun por averen seu solaz.
Gran piedad’ e mercee e nobreza…
Mais oyredes maravilla fera
de como a quis a Virgen guardar:
que pero en poder do novio era,
nunca per ren pod’ a ela passar;
e tal xe ficou como xe vera,
por que pois non ouv’ a trager enfaz.
Gran piedad’ e mercee e nobreza…
Desta guisa passaron ben un ano,
que nunca el pode ren adubar
cona donzela. Poren tan gran dano
lle fez que a ouvera de matar;
ca lle deu con un cuitel’ a enganoen tal logar, que vergonna me faz
Gran piedad’ e mercee e nobreza…
De o dizer; ca tanto foi sen guisa,
que non pod’ ome per ren y falar,
que quantos fisicos ouv’ end’ a Pisa
non lle poderon a chaga serrar.
E desto queixou-ss’, e fez end’ enquisa
un bispo que chamavan Bonifaz,
Gran piedad’ e mercee e nobreza…
Que ouve dela gran doo sen falla,
quand’ esto soube, e mui gran pesar.
Mais, por non meter ontr’ eles baralla,
a seu marido a foi comendar,
en que caeu fog’ assi Deus me valla,
logo salvag’, e ardeu o malvaz.
Gran piedad’ e mercee e nobreza…
E todo-los daquela vila ardian
daquel fog’ e fazian-sse levar
aa eigreja, u tantos jazian
que non podian y outros entrar;
e todos aquesta coita soffrian
polo mal que fezer’ aquel rapaz.
Gran piedad’ e mercee e nobreza…
Mais ontr’ aquestes aquela cativa
a que o marido fora chagar
soffreu de fogo gran coita esquiva,
ca a teta destra lle foi queimar.
E metérona mais morta ca viva
na eigreja, vestida dun prumaz.
Gran piedad’ e mercee e nobreza…
E pois acordou, muito braadava
dizendo: «Porqué me fust’ enganar,
Santa Maria, pois en ti fiava?
Ca en lugar de me dereito dar,
diste-me fogo que tan mal queimava
e queima, que o corpo me desfaz.»
Gran piedad’ e mercee e nobreza…
Assi gemendo e dando carpynnas,
adormeceu. E logo sen tardar
ll’ apareceu a Sennor das reynnase começou-a muit’ a confortar
e disse-ll: «Eu trago a[s] meezas
con que são de fog’ e d’ alvaraz.
Gran piedad’ e mercee e nobreza…
E leva-t’ en, ca des oy mais es sãa,
e vai dormir ant’ aquel meu altar;
e pois t’ espertares, sei ben certãa
que quantos enfermos fores beijar
serán tan sãos com’ ha magãa
daqueste fogo e de seu fumaz.»
Gran piedad’ e mercee e nobreza…
«Tod’ esto», diss’ ela, «creo de chão;
mais como me poderei levantar?»
Diz Santa Maria: «Dá-m’ essa mão.»
Enton a ergeu e foy-a levar,
e ela sentiu o corpo ben são
do fog’ e da ferida do falpaz.
Gran piedad’ e mercee e nobreza…
E outro dia os que madurgaron
e a viron fórona espertar
e como sãara lle preguntaron,
e ela ren non lles quiso negar;
e pola confortar logo mandaron
que lle dessen caldo con do agraz.
Gran piedad’ e mercee e nobreza…
Os enfermos log’ enton os poseron
ant’ ela por esta cousa provar;
e pois que os beijou, saud’ ouveron.
E começaron enton de loar
Santa Maria, e logo souberon
este feito pela terra viaz.
Gran piedad’ e mercee e nobreza…
Prijon forte nen dultosa
– 106 –
Esta é como Santa Maria sacou dous escudeiros de prijon.
Prijon forte nen dultosa
non pod’ os presos ter
a pesar da Groriosa.Desta razon vos direi
un miragre que achei
escrito, e mui ben sei
que farei
del cantiga saborosa.
Prijon forte nen dultosa…
E contarei sen mentir
como de prijon sair
fez dous presos e fogir
e pois ir
en salv’ a muy Preciosa.
Prijon forte nen dultosa…
Dous escudeiros correr
foron por rouba fazer;
mais fóronos a prender
e meter
en prijon perigoosa.
Prijon forte nen dultosa…
Jazend’ en aquel logar,
u deles sse nembrar
foi com’ en Seixon lavrar
e pintar
viu eigreja mui fremosa.
Prijon forte nen dultosa…
E diss’ a seu compannon:
«Se eu sayr de prijon,
cen cravos darei en don
a Seixon
que é obra mui costosa.»
Prijon forte nen dultosa…
E pois esto prometeu,
logo ll’o cepo caeu
en terra; mais non ss’ ergeu:
atendeu
ant’ a noite lubregosa.
Prijon forte nen dultosa…
Mais poi-la noite chegou,
a seu compannon contou
como ll’ o cepo britoue sacou
end’ a Virgen piedosa.
Prijon forte nen dultosa…
O outro lle diss’ assi:
«Per quant’ eu a vos oý,
mil cravos levarei y
se mi a mi
toll’ esta prijon nojosa.»
Prijon forte nen dultosa…
Pois s’ o primeiro sentiu
solto da prijon, fogiu,
A guarda, quand’ esto viu,
log’ abriu
a carcer mui tevrosa
Prijon forte nen dultosa…
Polo outr’ y guardar ben,
ca atal era seu sen;
mas dele non achou ren,
e poren
ouv’ a Virgen sospeitosa,
Prijon forte nen dultosa…
Madre de Nostro Sennor,
que lle fora soltador
dos presos e guiador,
sen pavor,
como Sennor poderosa.
Prijon forte nen dultosa…
Dereit’ é de ss’ end’ achar
– 108 –
Como Santa Maria fez que nacesse o fillo do judeu o rostro atras,
como llo Merlin
rogara.
Dereit’ é de ss’ end’ achar
mal quen fillar perfia
contra Santa Maria.E daquest’ o contar
que avo a Merlin
que ss’ ouve de rezõar
con un judeu alfaqui[n]
que en tod’ Escoça par,
como disseron a mi[n],
de saber non avia.
Dereit’ é de ss’ end’ achar…
E começou a falar
aquel judeu traedor
ena Virgen e jurar
muito palo Criador,
que en ela encarnar
nunca quis Nostro Sennor,
nen seer non podia.
Dereit’ é de ss’ end’ achar…
Merlin ouve gran pesar
u ll’ oyu esto dizer
e disso: «Se Deus m’ anpar,
ante podo ben seer;
ca o que terra e mar
fez per seu mui gran poder,
esto ben o faria.»
Dereit’ é de ss’ end’ achar…
O judeu a perfiar
começou e disse: «Non
podo Deus nunca entrar
en tal logar per razon;
ca o que foi ensserrar
en ssi quantas cousas son,
como ss’ enserraria?»
Dereit’ é de ss’ end’ achar…
Merlin muit’ a assannar
se fillou e log’ ali
os gollos foi ficar
en terra e diss’ assi:
«Madre do que nos salvar
vo, este diz de ti
o que non deveria.
Dereit’ é de ss’ end’ achar…
Poren te quero pregarque, com’ eu de certo sei
que o teu foi sen dultar,
que o que te rogarey
queras agora’ mostrar
a este da falssa ley
que anda con folia,
Dereit’ é de ss’ end’ achar…
Que ssa moller enprennar
foi; o que lle nacer en
queras tu assi guisar
que com’ outr’ o rostro ten
adeante por catar,
tenna atras, e des en
and’ assi todavia.»
Dereit’ é de ss’ end’ achar…
E o praz’ uviou chegar
que a judea pariu;
mas ben se podo sinar
quen aquel seu fillo viu,
ca atal o gerar
fez Deus como llo pediu
Merlin con felonia.
Dereit’ é de ss’ end’ achar…
Que o rostro lle tornar
fez Deus o deant’ atras,
como lle fora rogar
o fillo de Sathanas
por en vergonna deitar
a seu padre Cayphas,
que ant’ o non criya.
Dereit’ é de ss’ end’ achar…
Poren seu padre matar
o quis logo que naceu;
mas Merlin o fez guardar,
que o mui ben entendeu,
e polos judeus tirar
de seu erro, pois creceu,
con el os convertia.
Dereit’ é de ss’ end’ achar…Razon an os diabos
– 109 –
Como Santa Maria livrou un ome de cinco diaboos
que o querian levar e matar.
Razon an os diabos de fogir
ant’ a Virgen que a Deus foi parir.
Dereito fazen de ss’ ir perder
ant’ a de que Deus quiso nacer;
ca per ela perderon seu poder
de guisa que nos non poden nozir.
Razon an os diabos de fogir…
Dest’ un miragre quero contar
que fez a Virgen que non á par
nen averá mentr’ o mundo durar,
esto vos posso jurar sen mentir.
Razon an os diabos de fogir…
O miragre foi en tal razon:
cinco diabos ha sazon
s’ assaron e fillaron enton
todos un ome polo mal bailir.
Razon an os diabos de fogir…
Pera Salas en cam’ entrou;
quand’ a vista do logar chegou,
essa companna assi s’ espantou
que o non leixaron adeant’ ir
Razon an os diabos de fogir…
Aquel ome, segund’ aprendi,
ta que dous frades veron y
mores, que o levaron dali
aa eigreja logo sen falir,
Razon an os diabos de fogir…
Querelando-sse, com’ apres’ ei,
os demões da Madre do Rey
dos Ceos en como vos eu direi:
«Esta nos fará dest’ ome partir.»
Razon an os diabos de fogir…Un judeu os conjurou por Deus
que dissessen porque os judeus
non fillavan. Diss’ un demo: «Ca meus
sodes e punnades de me servir.
Razon an os diabos de fogir…
Por esto non vos fazemos mal,
ca sodes todos nossos sen al;
mai-los que do batismo o sinal
tragen, aqueles ymos percodir.»
Razon an os diabos de fogir…
Esto dito, fogiu o judeu;
mai-los diabos, com’ aprix eu,
cada un deles logo sinal deu
quando ouveron do om’ a sair.
Razon an os diabos de fogir…
Desto deron todos gran loor
a Santa Maria, que sabor
á de valer sempr’ ao pecador
e d’ os diabos sempre destroir.
Razon an os diabos de fogir…
En todo tempo faz ben
– 111 –
Esta é como un crerigo de missa que servia a Santa Maria
morreu no rio que ven por Paris; e a tercer dia rressocitó-o
Santa Maria e sacó-o do rio.
En todo tempo faz ben
a Virgen que nos manten.
Non á temp’ assinaado
por acorre-lo coitado
nen perdõa-lo culpado,
mais assi como ll’ aven.
En todo tempo faz ben
a Virgen que nos manten.
Dest’ un miragre preçado
vos será per mi mostrado
que fez por un ordadoa mui comprida de sen.
En todo tempo faz ben
a Virgen que nos manten.
De missa o malfadado
era, mas por seu pecado
a lussuria tan deitado,
que non dava por al ren.
En todo tempo faz ben
a Virgen que nos manten.
E pero de mui bon grado
rezava muit’ aficado
as oras da que Deus nado
foi por nos en Belleen.
En todo tempo faz ben
a Virgen que nos manten.
Ha noit’ o desguisado
foi fazer, e pois entrado
ouv’ en [un] barqu’ e passad’o
Sena, que por Paris ven.
En todo tempo faz ben
a Virgen que nos manten.
Pero non foi arribado,
ca o barco foi tornado
e el na agu’ afogado
ante que chegass’ aquen.
En todo tempo faz ben
a Virgen que nos manten.
El avia começado
madodos e rezado
un salm'; e logo fillado
foi do demo feramen.
En todo tempo faz ben
a Virgen que nos manten.
E pois foi apoderado
de ssa alma, muit’ irado
foi ao fogo privado
pola y par des en.
En todo tempo faz ben
a Virgen que nos manten.Mais a Madre do onrrado
Jeso-Crist’ a seu chamado
vo, e o denodado
demo logo fugiu en,
En todo tempo faz ben
a Virgen que nos manten.
U ela ressucitado
ouv’ o morto e sacado
do rio, que ja buscado
fora daquend’ e dalen.
En todo tempo faz ben
a Virgen que nos manten.
Quatro dias mergullado
jouvera e afondado;
mas enton dalá tirado
foi pola que senpre ten
En todo tempo faz ben
a Virgen que nos manten.
Seu acorr’ aparellado
pora vale-lo menguado
d’ ajuda. Poren loado
seja seu nome. Amen.
En todo tempo faz ben
a Virgen que nos manten.
Nas coitas devemos chamar
– 112 –
Como Santa Maria guardou ha nave que ya carregada de triigo que non pereçesse,
e sacó-a en salvo ao porto.
Nas coitas devemos chamar
a Virgen, estrela do mar.
Esta é Santa Maria,
que aos seus noit’ e dia
guarda de mal e os guia,
pois se lle van encomendar.
Nas coitas devemos chamar…Como fez ha vegada
da nav’ encarregada
de trigo e de cevada
de Colliure, que foi guardar,
Nas coitas devemos chamar…
Que ouvera pereçuda
seer de tod’ e perduda,
senon pela ssa ajuda,
que a quis en salvo guiar.
Nas coitas devemos chamar…
Ca ouvera tal tormenta
que de millas setaenta
correra ou o[i]taenta,
querendo-ss’ a nav’ afondar.
Nas coitas devemos chamar…
Ca o masto foi britado
e o temon pecejado,
e os da nave sen grado
sayron en por escapar
Nas coitas devemos chamar…
En un batel a gran pa,
ca viron a nave cha
d’ agua volta con ara
e aquel pan todo mollar.
Nas coitas devemos chamar…
Esto foy cousa muy certa,
ca a nav’ era aberta;
e porende gran[d]’ offerta
prometeron enton de dar
Nas coitas devemos chamar…
Aa Virgen, que rogasse
seu Fill’ e que lles guardasse
seu pan e que os sacasse
en salvo sen perda fillar.
Nas coitas devemos chamar…
Enton mui toste remaron
e da nave s’ alongaron,
e ao porto chegaron,u a viron sãa estar.
Nas coitas devemos chamar…
E viron seu pan eixuito,
por que fezeran ja luito;
e a Virgen poren muito
começaron log’ a loar.
Nas coitas devemos chamar…
A que serven todo-los celestiaes

114 –
Esta é dun mancebo a que seus emigos chagaron mui mal de morte,
e sa madre prometera-o a Santa Maria de Salas,
e foi logo guarido.
A que serven todo-los celestiaes
guarecer ben pode as chagas mortaes.
Dest’ un gran miragre fez Santa Maria
de Salas por ha moller que avia
gran fiança en ela e a servia
põendo ant’ o seu altar estadaes.
A que serven todo-los celestiaes
guarecer ben pode as chagas mortaes.
Aquesta un fillo ouve que amava
mais ca ren, e sempre o acomendava
a Santa Maria e por el rogava
que llo d’ ocajões guardass’ e de maes.
A que serven todo-los celestiaes
guarecer ben pode as chagas mortaes.
E mester lle foi, ca un dia acharon-
no seus emigos e mal o chagaron
de guisa que todo o espedaçaron,
ca lle deron colbes mui descomaes.
A que serven todo-los celestiaes
guarecer ben pode as chagas mortaes.
Quand’ oyu aquesto sa madr’, a mesqua,
cona mui gran coita que dele tia,
foi por el mui tost’ e trouxe-o aginna
a ssa cas’ e pos-lo en us portaes.
A que serven todo-los celestiaes
guarecer ben pode as chagas mortaes.E catou-o e viu-o come desfeito
das chagas mui grandes e atan maltreito,
e atou-llas logo ben todas a eito
con panos de lynnno e con seus cendaes.
A que serven todo-los celestiaes
guarecer ben pode as chagas mortaes.
E acomendó-o aa groriosa
Santa Maria de Salas preciosa,
que o guariu logo come piadosa,
ca xe soe ela a fazer de taes.
A que serven todo-los celestiaes
guarecer ben pode as chagas mortaes.
Assi que as chagas que eran atadas
foron logo todas atan ben juntadas,
sãas e guaridas e tan ben sarradas
que adur parecian end’ os sinaes.
A que serven todo-los celestiaes
guarecer ben pode as chagas mortaes.
Ante que a alva do dia chegasse
diss’ el a ssa madre que o desatasse,
ca ja são era, e que o catasse;
e ela o fez log’, e achou-ll’ iguaes
A que serven todo-los celestiaes
guarecer ben pode as chagas mortaes.
As chagas e sãas. E poren loores
deu aa beita Sennor das sennores,
que aos seus mostra tan grandes amores,
e mais a aqueles que lle son leaes.
A que serven todo-los celestiaes
guarecer ben pode as chagas mortaes.
Logo madr’ e fillo en cam’ entraron
e foron a Salas e alá contaron
aqueste miragre; e todos loaron
a Virgen por est’ e loarán ja maes.
A que serven todo-los celestiaes
guarecer ben pode as chagas mortaes.
Dest’ un fremoso
– 117 –
Como ha moller prometera que non lavrasse
no sabado e per seu pecado lavrou,
e foi logo tolleita das mãos; e poren mandou-sse levar
a Santa Maria de Chartes, e foi guarida.Toda cousa que aa Virgen seja prometuda,
dereit’ é e gran razon que lle seja tuda.
Dest’ un fremoso miragre fez Santa Maria
en Chartres por ha moller que jurad’ avia
que non fezesse no sabado obra sabuda
per que a Santa Maria ouvesse sannuda.
Toda cousa que aa Virgen seja prometuda…
Esto teve un gran tenpo; mas en tantas guisas
a sossacou o diabo, que lle fez camisas
tallar e coser con seda d’ obra mui myuda,
per que sa lavor na terra fosse connoçuda.
Toda cousa que aa Virgen seja prometuda…
E en mente non avia do que prometera
que o sabado guardasse, mas sempr’ y cosera
mais ca en outro dia, tant’ era [a]trevuda;
per conssello do diabr’ assi foy decebuda.
Toda cousa que aa Virgen seja prometuda…
Mais que vissen a vingança judeus e crischãos
que por ssa Madre Deus dela fillou, fez-ll’as mãos
que aos braços apresas foron, e tenduda
caeu en terra e jouve mui gran peça muda.
Toda cousa que aa Virgen seja prometuda…
Muitas fisicas provaron en ela, que palla
non lle valveron nen prol teveron nemigalla;
e depois pelas eigrejas demandand’ ajuda
a trouxeron, porque dos santos foss’ acorruda.
Toda cousa que aa Virgen seja prometuda…
E quando viu que tod’ esto ren non lle prestava,
aa eigreja de Chartes levar-se mandava,
e ant’ o altar chorando foi tan repentuda
que logo ouve saude; cousa foi viuda
Toda cousa que aa Virgen seja prometuda…
Per toda aquela terra, que os que a viran
andar tolleita das mãos e pedir oyran
deron graças aa Virgen, a que sempr’ ajuda
aos coitados, ca desto muit’ end’ é tuda.
Toda cousa que aa Virgen seja prometuda…Fazer pode d’ outri vive-los seus
– 118 –
Como Santa Maria resucitou en Saragoça un mino que levaron morto ant’ o seu
altar.
Fazer pode d’ outri vive-los seus
fillos aquela que Madr’ é de Deus.
Dest’ un miragre direi que oý,
que fez a Virgen, per com’ aprendi,
en Saragoça da moller y
que paria morto-los fillos seus.
Fazer pode d’ outri vive-los seus
fillos aquela que Madr’ é de Deus.
Con seu marido barallava mal
muitas vezes sobr’ este preito tal;
poren de cera omagen, non d’ al,
fez de meno dos deiros seus,
Fazer pode d’ outri vive-los seus
fillos aquela que Madr’ é de Deus.
Que prometeu aa Virgen de prez.
Pero tal parto tres vegadas fez;
e quando vo aa quarta vez,
pariu mort’ outro, chorando dos seus
Fazer pode d’ outri vive-los seus
fillos aquela que Madr’ é de Deus.
Ollos, dizendo: «Sennor, que farey?
Pois est’ é morto, nunca vivirey
con meu marido; mas a ti yrei
que a teu Fillo rogues que dos seus
Fazer pode d’ outri vive-los seus
fillos aquela que Madr’ é de Deus.
Miragres mostre por ti, ca sei ben
que o fará, desto non dulto ren;
pois faça esto por ti, ca ben ten
meu marido que ambos somos seus,
Fazer pode d’ outri vive-los seus
fillos aquela que Madr’ é de Deus.Eu e ele.» E tan muito chorou
en dizend’ esto, e tanto rogou
que o men[o] enton viv’ achou.
E fez chamar y dous omes seus
Fazer pode d’ outri vive-los seus
fillos aquela que Madr’ é de Deus.
De ssa casa; e seu marid’ enton
y vo logo con gran devoçon,
e muitas gentes loaron enton
aa Virgen que val sempr’ aos seus.
Fazer pode d’ outri vive-los seus
fillos aquela que Madr’ é de Deus.
Tan tost’ a madre foi sigo levar
seu fill’ a Salas, e ant’ o altar
pos ssa omagen, dizendo: «Loar
desta devemos os miragres seus.»
Fazer pode d’ outri vive-los seus
fillos aquela que Madr’ é de Deus.
Como somos per conssello
– 119 –
Como Santa Maria tolleu un joiz aos diaboos que o levavan e tornó-o a ssa casa e
disse-lle que se mefestasse, ca outro dia avia de morrer.
Como somos per conssello do demo perdudos,
assi somos pelo da Virgen tost’ acorrudos.
Desto direi un miragre, onde gran façanna
fillaredes, que a Virgen fezo en Espanna
dun ome que de diabos ha gran conpanna
levavan pera paren con os descreudos.
Como somos per conssello do demo perdudos…
Este sobrejoyz era da vila bõa
en que viçosa tia muito ssa pessõa,
mui gran mannãa jantando e cand’ a nõa,
e grandes dões fillava, ca non dos miudos.
Como somos per conssello do demo perdudos…
Este mui bon pan comia senpr’ e bõos vosbevia, mais non usava muit’ andar camos
pera prender os ladrões; pero os mesquos
prendia, e por el eran mui mal remeudos.
Como somos per conssello do demo perdudos…
El un di’ assi estando que jantar queria
con outros que convidados ouv’ en aquel dia,
oyu como de peleja ou de gran perfia
grandes vozes e braados fortes e agudos,
Como somos per conssello do demo perdudos…
E dizend': «Aga, aga, mui toste fillade
aquel ome e da vila longe o levade.»
El, cuidando que peleja era de verdade,
mandou fillar a seus omes lanças e escudos,
Como somos per conssello do demo perdudos…
E el sayu dos primeiros parti-la peleja,
dizendo: «Por Deus, varões, non seja, non seja!»
Mas tan toste de diaboos conpanna sobeja
o fillaron, us negros e outros cornudos.
Como somos per conssello do demo perdudos…
E mantenente da vila o poseron fora
sobr’ un poço fond’ e negro mais que ha mora,
e quisérono deytar en ele essa ora
con outros, que pouc’ avia eran y metudos.
Como somos per conssello do demo perdudos…
E aquel poço fervia ben come caldeira,
ond’ el espantad’ estava de maa maneira.
En esto chegou a Virgen Santa verdadeyra,
dizendo: «Leixad’ est’ ome, maos atrevudos.»
Como somos per conssello do demo perdudos…
Eles, quand’ aquest’ oyron, fugiron, aga
e leixaron aquel om’ aa Santa Rea,
que lle deu logo consello ben qual convia,
ca os seus non quer ela que sejan cofondudos.
Como somos per conssello do demo perdudos…
Ca pero el de justiça mui pouca fezera,
sempre en Santa Maria esperanç’ ouvera;
e porende o livrou daquela coita fera,
dizend': «Atan toste sejan per ti connoçudosComo somos per conssello do demo perdudos…
Teus pecados, e filla deles gran pedença
e en pagar o que deves mete ta femença,
e en meu Fill’ e en mi ave ben ta creença
e faz come os que estan sempr’ apercebudos.
Como somos per conssello do demo perdudos…
Ca sabe que mais dun dia non será ta vida;
poren faz que, pois ta alma for de ti partida
que logo sen estardança pera Deus sa ida
fara, e que os santos non lle sejan sannudos.»
Como somos per conssello do demo perdudos…
Poi-l’ aquesto diss’ a Virgen, en un mui bel chão
o leixou. E el[e] tornou-sse logo de mão
a ssa casa, e enviou polo guardião
e fillou del pedença dos erros sabudos;
Como somos per conssello do demo perdudos…
E null’ ome mais coitado non foi queno visse.
E outro dia morreu como ll’ a Virgen disse;
e u quis Deus que ll’ a alma do corpo saysse,
os angeos a levaron nobres e temudos.
Como somos per conssello do demo perdudos…
De muitas maneiras
– 121 –
Esta é dun miragre do cavaleiro que fazia a guerlanda das rosas a Santa Maria.
De muitas maneiras busca a Virgen esperital
carreyras en como guarde os seus de mort’ e de mal.
E de tal razon com’ esta en Proença ha vez
amostrou mui gran miragre a Sennor de todo prez
contra un seu cavaleiro que tal promessa lle fez
que lle guerlanda faria de rosas toda, non d’ al.
De muitas maneiras busca a Virgen esperital…
E aquesto cada dia podendo-as el achar,
e senon, por cada rosa dissesse en seu logar
ha vez «Ave Maria», e assi fosse cercara guerlanda toda delas, e que lla fezess’ atal.
De muitas maneiras busca a Virgen esperital…
Aquesto fez un gran tenpo, que non faleceu de ren
que a guerlanda das rosas no tenpo delas mui ben
fazia, e a põya na sa omagen; des en
a ela s’ acomendava, que aos seus nunca fal.
De muitas maneiras busca a Virgen esperital…
Quando non achava rosas, rezava, com’ aprendi,
todas-las Aves Marias que prometera, que ni-
ha non lle falecia. E el fazendo assi,
topou con seus emigos en meogo dun gran val,
De muitas maneiras busca a Virgen esperital…
Que mui ben encavalgados vian; mais, a la fe,
ele assi non estava, mais en un seu palafré
frac[o] en que cavalgava. E deceu dele a pe
e ficou log’ os gollos escontra u o sol sal,
De muitas maneiras busca a Virgen esperital…
E diss’ as Aves Marias, rogando de coraçon
a Virgen que lle valvesse. E ela valeu-ll’ enton;
ca ali u eles yan polo matar de randon,
virono todo cercado de lume celestial.
De muitas maneiras busca a Virgen esperital…
E ar viron ha dona ha guerlanda fazer
de rosas e el con ela do outro cabo põer
das rosas ena guerlanda; mas eles enton poder
non ouveron d’ ir a ele, e disseron log’ atal:
De muitas maneiras busca a Virgen esperital…
«Tornemo-nos daqui logo, pois esto non praz a Deus
que est’ ome nos matemos, ca x’ éste dos servos seus.»
«E porende vos consello», diss’ enton un deles, «meus
amigos, que nos vaamos; ca muit’ é descomunal
De muitas maneiras busca a Virgen esperital…
Cousa de fillarmos guerra cona Madre do Sennor,
que veemos cabo dele mais bela ca nulla flor,
e faz con el a guerlanda e é ssa ajudador,
que assi nos desfaria ben com’ a agua o sal.»
De muitas maneiras busca a Virgen esperital…Foron-s’ eles; e daquesto o cavaleiro non vyu
nulla ren, nen sol a dona, nen da guerlanda sentiu
que en sa mão tevesse; mais pela terra oyu
todo quanto ll’ escontaron da Sennor que pod’ e val.
De muitas maneiras busca a Virgen esperital…
E poren, se a amava ante, depois la amou
mui mais; e este miragre per muitas terras contou
e con quantos a loavan sempre muito a loou,
mostrando como nas coitas aos seus é mui leal.
De muitas maneiras busca a Virgen esperital…
Miragres muitos pelos reis faz
– 122 –
Como Santa Maria resucitou ha infante, filla dun rei, e pois foi monja e mui santa
moller.
Miragres muitos pelos reis faz
Santa Maria cada que lle praz.
Desto direi un miragre que vi
que en Toled’ a Virgen fez ali
na ssa capela, e creed’ a mi
que faz y outros miragres assaz.
Miragres muitos pelos reis faz
Santa Maria cada que lle praz.
Esta capela no alcaçar é
da Santa Virgen u ficou a fe,
e dentro ha ssa figura sé
feita como quando pariu e jaz.
Miragres muitos pelos reis faz
Santa Maria cada que lle praz.
Esta fez pintar o Emperador,
o que de tod’ Espanna foi sennor;
mas o bon Rei Don Fernando mellor
a pintou toda, o corp’ e a faz.
Miragres muitos pelos reis faz
Santa Maria cada que lle praz.
A este Rei ha filla naceuque a Santa Maria prometeu,
des i aa orden offereceu
de Cistel, que é santa e de paz.
Miragres muitos pelos reis faz
Santa Maria cada que lle praz.
Esta mena ssa madre criar
a fez pera às Olgas a levar
de Burgos; mais la men’ a[n]fermar
foi e morreu, de que mao solaz
Miragres muitos pelos reis faz
Santa Maria cada que lle praz.
Toda a noite ssa ama levou,
ca de doo a matar-se cuidou;
e a sa madre logo o contou,
e ela fez como a quen despraz
Miragres muitos pelos reis faz
Santa Maria cada que lle praz.
De lle morrer sa filla. E enton
foy-a fillar e diss’ assi: «Pois non
quis a Virgen, a que te dei en don,
que vivesses, mais quiso que na az
Miragres muitos pelos reis faz
Santa Maria cada que lle praz.
Dos mortos fosses por pecados meus,
poren deitar-t-ey ant’ os pees seus
da ssa omagen da Madre de Deus.»
E fez-lo logo, par San Bonifaz.
Miragres muitos pelos reis faz
Santa Maria cada que lle praz.
A todos da capela fez sayr,
des i mandou ben as portas choyr;
e as donas fillaron-ss’ a carpir,
e ela chorando pos seu anfaz
Miragres muitos pelos reis faz
Santa Maria cada que lle praz.
E disse: «Ja mais non me partirei
daquesta porta, ca de certo sey
que me dará a Madre do bon Rei
mia filla viva; senon, de prumazMiragres muitos pelos reis faz
Santa Maria cada que lle praz.
Tragerei doo ou dun anadiu.»
E esto dizendo, chorar oyu
a menynna, e as portas abryu
e fillou-a nos braços mui viaz,
Miragres muitos pelos reis faz
Santa Maria cada que lle praz.
Chorand’ e dizendo: «Beita tu
es, mia Sennor, que pariste Jhesu
Cristo; e poren, cada logar u
for ta eigreja, ben ata en Raz,
Miragres muitos pelos reis faz
Santa Maria cada que lle praz.
Darei do meu.» E ben assi o fez;
e levou ssa filla daquela vez,
que deu nas Olgas, logar de bon prez,
malgrad’ end’ aja o demo malvaz.
Miragres muitos pelos reis faz
Santa Maria cada que lle praz.
De Santa Maria sinal
– 123 –
Como Santa Maria guardou un frade mor dos diaboos
na ora que quis morrer, e torcia-sse todo con medo deles.
De Santa Maria sinal qual xe quer
valrrá muit’ a quen en ela ben crever.
Ca que quer que seja daquesta Sennor
valrrá muit’ a quen de mal coitado for,
e valer-ll-á contra o demo mayor
ali u sobr’ ele gran poder ouver.
De Santa Maria sinal qual xe quer
valrrá muit’ a quen en ela ben crever.
Ben com’ en Bitoria guariu ha vez
a un frade mor, que de menez
entrara na orden e y mui bon prez
vivendo gãara. Mas foi-lle mesterDe Santa Maria sinal qual xe quer
valrrá muit’ a quen en ela ben crever.
Que o acorresse, como ll’ acorreu,
Santa Maria na ora que morreu,
ca un pouc’ enante todo se torceu
e parou-sse negro. E quen vos disser
De Santa Maria sinal qual xe quer
valrrá muit’ a quen en ela ben crever.
Que mais fea cara podia ter
null’ ome, sol non llo querades creer;
mais outro bon frade foi log’ encender
candea da Virgen, beita moller.
De Santa Maria sinal qual xe quer
valrrá muit’ a quen en ela ben crever.
E des que [e]na mão lla ensserrou,
a coor mui negra logo sse canbiou
e a faz mui branca toda se tornou
sen obrar y fisico de Monpesler.
De Santa Maria sinal qual xe quer
valrrá muit’ a quen en ela ben crever.
Mas a pouco rato ouve de far,
ond’ ouveron os frades mui gran pesar;
temendo que era en mao logar,
disseron: «Rez’ ora quen rezar souber
De Santa Maria sinal qual xe quer
valrrá muit’ a quen en ela ben crever.
O salteiro todo, porque sen falir
nos saber Deus faça u este fez ir.»
Porend’ a dous frades o fez Deus vir
pois foi mort’, e disse: «Quen saber quiser
De Santa Maria sinal qual xe quer
valrrá muit’ a quen en ela ben crever.
Porque me torvei todo quando mor[r]i,
esto foi porque os diaboos vi;
mais poi-la candea adusseron y,
fugiron en todos. E quen ben fezer
De Santa Maria sinal qual xe quer
valrrá muit’ a quen en ela ben crever.
Sempre terrá sigo algu[u]n sinalde Santa Maria, a que nunca fal
aos que a serven e senpre lles val
e saca de pa quen y estever.
De Santa Maria sinal qual xe quer
valrrá muit’ a quen en ela ben crever.
Assi fez a mi, esto sabede ben,
deu-me logar bõo qual a mi conven;
e vos muitas graças lle dade poren,
ca salvo será sempr’ o con que tever.»
De Santa Maria sinal qual xe quer
valrrá muit’ a quen en ela ben crever.
O que pola Virgen leixa
– 124 –
Como Santa Maria guardou un ome que apedraron
que non morresse ata que sse mefestasse,
porque jajava as vigias das sas festas.
O que pola Virgen leixa o de que gran sabor á,
sempr[e] aqui lle demostra o ben que pois lle fará.
E dest’ un mui gran miragre vos contarei, que oý
dizer aos que o viron, e o contaron assi
como eu vos contar quero; e, segun com’ aprendi,
demostrou Santa Maria ena terra que está
O que pola Virgen leixa o de que gran sabor á…
Mui preto d’ ambo-los mares, do gran que corr’ arredor
da terra e ar do outro que é chamado Mor;
e mostrou Santa Maria, Madre de Nostro Sennor,
por un ome. E quen esto oyr, sabor averá
O que pola Virgen leixa o de que gran sabor á…
De jaja-la ssa festa de março, com’ este fez,
que a jajou gran tempo. Mas porque foi a Xerez
e a Sevilla quand’ eran de mouros, mais da vez,
foi acusado e preso, porque sen mandad’ alá
O que pola Virgen leixa o de que gran sabor á…
Fora, e que o matassen logo, u non ouvess’ al,
e que foss’ apedreado porque fezo feito tal.
E ferindo-o, chamava a Reynna sperital,dizendo: «Ay, Sennor, val-me, ben como valiste ja
O que pola Virgen leixa o de que gran sabor á…
A aqueles que sse fian en ti mui de coraçon,
e por aquesto non queras que moira sen confisson,
ca eu sempr’ en ti fiando receb’ aquesta paixon.»
Enton os que o matavan disseron: «E que será
O que pola Virgen leixa o de que gran sabor á…
Que por pedras que deitemos nono podemos matar?»
Enton o que llo mandava mandou-lle ferir e dar
mui grande con un venabre e depoi-lo degolar.
E non morreu por tod’ esto, dizendo: «Por Deus, acá
O que pola Virgen leixa o de que gran sabor á…
Un crerigo mi aduzede, a que diga quanto fix
de mal, de que pedença de meus pecados non prix.»
E pois ll’ esto feit’ ouveron, diss': «Amigo, sempr’ eu quix
servir a Santa Maria, a que nunca falirá
O que pola Virgen leixa o de que gran sabor á…
Nen fal aos que a serven.» E dizend’ esto, morreu;
e de como nos creemos, Deus ssa alma recebeu.
E des que foi morto, logo a ora enbarveceu,
ca esse dia rapara sa barva en Alcalá
O que pola Virgen leixa o de que gran sabor á…
De Guadayra; e jouve un tempo, creede ben,
assi, que ave nen besta dele non comiu per ren.
Esto fez Santa Maria, a Sennor que nos manten,
pola ssa gran piadade, e sempre nos manterrá.
O que pola Virgen leixa o de que gran sabor á…
De toda chaga ben pode guarir
– 126 –
Esta é como Santa Maria guareceo un ome en elche
da saeta que lle entrara pelos ossos da faz.
De toda chaga ben pode guarir
e de door a Virgen sen falir.
Como sãou en Elche ha vez
Santa Maria, a Sennor de prez,a un ome de chaga que lle fez
ha saet’, onde cuidou fir.
De toda chaga ben pode guarir
e de door a Virgen sen falir.
Ca a saeta ll’ entrara assy
pelos ossos da faz, com’ aprendi,
que non lla podian tirar dali
per maestria, nen y avir.
De toda chaga ben pode guarir
e de door a Virgen sen falir.
E con taces a yan fillar,
mas per ren non lla podian tirar
nen con baesta que yan armar;
ca Deus non llo queria consentir
De toda chaga ben pode guarir
e de door a Virgen sen falir.
Que guarisse, senon pola Sennor
nossa, ssa Madre. Poren sofredor
foi aquel ome de tan gran door,
de qual vos guarde Deus, se por ben vir.
De toda chaga ben pode guarir
e de door a Virgen sen falir.
Pois viu aquel ome que ren valer
non lle podia que fosse fazer,
ben ant’ o seu altar se fez trager
de Santa Maria, e repentir
De toda chaga ben pode guarir
e de door a Virgen sen falir.
Se foi de seus pecados; e chorou
muito e mui ben se mãefestou
e Santa Maria muito chamou,
e logo o ferro lle fez sayr
De toda chaga ben pode guarir
e de door a Virgen sen falir.
Sen door ela dos ossos da faz.
E esto viron omes assaz,
que a loaron, ca en ela jaz
mais de ben que podemos comedir.
De toda chaga ben pode guarir
e de door a Virgen sen falir.Non pod’ ome
– 127 –
Esta é como Santa Maria non quis que entrasse
na sa eigreja do Poe un mancebo que dera a ssa madre un couce;
e el, pois viu que non podia entrar,
corto[u] o pee, e depois sãou-[o] Santa Maria.
Non pod’ ome pela Virgen tanta coita endurar,
que pois ela non llo aja [con] ben a galardõar.
E desto mui gran miragre vos direi que ha vez
a Virgen Santa Maria na eigreja do Poe fez
por un om’ avizimao, que por seu siso rafez
con sa madre que avia bõa fora barallar.
Non pod’ ome pela Virgen tanta coita endurar…
E non catou o mesquynno como o troux’ e pariu
dentr’ en seu corpo sa madre, e do pee a feriu
mal; e muit’ ela chorando enton mercee pediu
aa Virgen groriosa que del gran dereito dar
Non pod’ ome pela Virgen tanta coita endurar…
Lle quisesse daquel torto grand’ e mui descomunal.
E a Virgen, de Deus Madre, que aos coitados val,
deu-ll’ enton a el por esto de door un tan gran mal,
que log’ en todas maneiras s’ ouve de maenfestar.
Non pod’ ome pela Virgen tanta coita endurar…
E deron-ll’ en pedença que fosse pedir perdon
en gollos a ssa madre e que lle pediss’ en don
que ambos en romaria fossen fazer oraçon
aa eigreja daquela en que Deus foi encarnar.
Non pod’ ome pela Virgen tanta coita endurar…
E a madr’ enton chorando tan toste lle perdõou
e d’ iren en romaria de grado llo outorgou;
mais dentro na ssa eigreja sol entrar nono leixou
a Virgen Santa Maria, e ouv’ enton a ficar
Non pod’ ome pela Virgen tanta coita endurar…
Fora, e entrou a madre. E a gente a veer
o veron e puxando o cuidaron y meter
per força; mais non poderon daquel logar o mover
que na eigreja entrasse, por ben que fossen puxar.Non pod’ ome pela Virgen tanta coita endurar…
E os crerigos da see veron corrend’ aly
e que sse mãefestasse lle disseron, com’ oý.
El disse que o fezera; pois conssellaron assi
que o pe tallar mandasse e poderia entrar.
Non pod’ ome pela Virgen tanta coita endurar…
El, como quer que lle fosse esto de fazer mui greu,
por entrar ena eigreja da Virgen, com’ aprix eu,
feze-o, e mantenente d’entrar y non lle foi greu;
mais sa madre, pois viu esto, começou de braadar,
Non pod’ ome pela Virgen tanta coita endurar…
Dizendo: «Santa Maria, Sennor, pois que vin a ti,
non queiras que o meu fillo sen pee vaa daqui.»
E tantas vezes diss’ esto, que adormeceu aly
u sse jazia tenduda chorando ant’ o altar.
Non pod’ ome pela Virgen tanta coita endurar…
E sonnou que a omagen lle diss’. «Aquesto farás:
filla o pee de teu fillo, e non esperes a cras,
mais pon-llo u x’ ant’ estava, e ta mão tragerás
sobr’ ele eno meu nome, e eu farey-o sãar.»
Non pod’ ome pela Virgen tanta coita endurar…
A moller de sonnar esto ouv’ ende mui gran sabor,
e pois espertou fez logo como ll’ a bõa Sennor
mandara, e pos-ll’ o pee en seu logar; e mellor
se juntou que ant’ estava que o fezesse tallar.
Non pod’ ome pela Virgen tanta coita endurar…
Quand’ est’ oyron as gentes, mui gran maravilla en
ouveron e ar loaron muito a que tanto ben
fez e nos faz cada dia, e os crerigos «amen»
responderon e os sinos mandaron todos sõar.
Non pod’ ome pela Virgen tanta coita endurar…De todo mal
– 129 –
Como Santa Maria guareceu un ome da saetada que lle deran pelo ollo.
De todo mal e de toda ferida
sãar pod’ om’ a de ben mui comprida.
Dest’ a un ome que de Murvedr’ era
mostrou a Virgen maravilla fera
da gran saetada que presera
en ha lide forte sen medida.
De todo mal e de toda ferida…
E a saeta assi ll’ acertara
pelo ollo, que logo llo britara
e ben ate eno toutiço entrara,
de guisa que lle non põyan vida.
De todo mal e de toda ferida…
Mas ele pos sa alm’ e sa fazenda
ena Virgen e deu-xe-ll’ en comenda,
e a Salas prometeu offerenda
se el da chaga ouvesse guarida.
De todo mal e de toda ferida…
E logo mandou a saeta fora
tirar do ollo, e en essa ora
guariu de todo logo sen demora,
des que a saeta en foi sayda,
De todo mal e de toda ferida…
Que da saetada ren non sentia;
des i do ollo atan ben guaria
que ben com’ ante vira del viia.
E pera Salas fez logo sa ida,
De todo mal e de toda ferida…
Loand’ a Virgen santa groriosa,
Madre de Deus, Rea poderosa,
que o sãara come piadosa.
E esta cousa foi mui lonj’ oyda
De todo mal e de toda ferida…
Pelas terras; e quantos lo souberona Santa Maria loores deron
de Salas, e mui gran sabor ouveron
de fazer log’ a ela ssa vida.
De todo mal e de toda ferida…
Quen entender quiser
– 130 –
Esta é de loor de Santa Maria.
Quen entender quiser, entendedor
seja da Madre de Nostro Sennor.
Ca ela faz todo ben entender,
e entendendo nos faz connocer
Nostro Sennor e o seu ben aver
e que perçamos do demo pavor,
Quen entender quiser, entendedor
seja da Madre de Nostro Sennor.
En cujo poder outras donas van
mete-los seus, e coita e afan
lles fazen soffrer, atal costum’ an;
poren non é leal o seu amor.
Quen entender quiser, entendedor
seja da Madre de Nostro Sennor.
As outras fazen ome seer fol
e preçan-ss’ ende, assi seer sol;
mais esta nos dá sis’ e faz-nos prol
e guarda-nos de faze-lo peyor.
Quen entender quiser, entendedor
seja da Madre de Nostro Sennor.
As outras dan seu ben fazendo mal,
e esta dando-o senpre mais val;
e queno gaannad’ á, non lle fal,
senon se é mui mao pecador.
Quen entender quiser, entendedor
seja da Madre de Nostro Sennor.
As outras muitas vezes van mentir,
mas aquesta nunca non quer falir;
e porende, quen sse dela partirDeu-lo cofonda, per u quer que for.
Quen entender quiser, entendedor
seja da Madre de Nostro Sennor.
As outras nos fazen muit’ esperar
polo seu ben e por el lazerar,
mas esta non quer con seu ben tardar
e dá-nos ben d’ outros bes mayor.
Quen entender quiser, entendedor
seja da Madre de Nostro Sennor.
E poren seu entendedor serei
enquant’ eu viva, e loarei
e de muitos bées que faz direi
e miragres grandes, ond’ ei sabor.
Quen entender quiser, entendedor
seja da Madre de Nostro Sennor.
En tamanna coita non pode seer
– 131 –
Esta é como Santa Maria guardou o Emperador de Costantinobre
que non morresse so ha pena que caeu sobr’ ele,
e morreron todos-los outros que con ele eran.
En tamanna coita non pode seer
om’ a que a Virgen non poss’ acorrer.
E dest’ un miragre, de que gran sabor
averedes, direi que fez a Sennor,
a Madre de Deus, por un emperador;
e eno oyrdes fillad’ y lezer.
En tamanna coita non pode seer
om’ a que a Virgen non poss’ acorrer.
Est’ emperador nom’ avi’ Aleixi,
de Costantinobre, per com’ aprendi,
e ssa moller Jordana, segund’ oý,
ond’, era ben casad’ e [a] seu prazer.
En tamanna coita non pode seer
om’ a que a Virgen non poss’ acorrer.
Bon crischão era el e de bon sen,
ela a Virgen amava mais d’al ren;por esto fez a ambos Deus [a]tal ben
qual vos quer’ eu ora contar e dizer.
En tamanna coita non pode seer
om’ a que a Virgen non poss’ acorrer.
Ond’ avo assi un dia, sen al,
que o Emperador foi veer metal
das sas mineiras ben dentr’ en un val
en covas mui grandes, de que grand’ aver
En tamanna coita non pode seer
om’ a que a Virgen non poss’ acorrer.
Tiravan de prata en aquel logar.
E o Emperador foi log’ y entrar,
e a cova logo per meo quebrar
se foi atan teost’ e leixou-sse caer.
En tamanna coita non pode seer
om’ a que a Virgen non poss’ acorrer.
E quantos dentr’ eran todo-los matou
senon el senlleiro que viv’ escapou
so ha gran pena que o enserrou;
mas cuidou sen falla log’ y a morrer.
En tamanna coita non pode seer
om’ a que a Virgen non poss’ acorrer.
Mais la santa dona, sa moller, que fez?
Con gran doo foi ant’ a Sennor de prez,
[a] Madre de Deus, e sempre dessa vez
cada dia foi y oraçon fazer,
En tamanna coita non pode seer
om’ a que a Virgen non poss’ acorrer.
Que a alma del ouvesse salvaçon.
E muitas missas fez cantar des enton
ben ata un ano e dar offreçon,
e aquesto era todo seu querer.
En tamanna coita non pode seer
om’ a que a Virgen non poss’ acorrer.
E daquest’ avo, per quant’ aprix eu,
que en tod’ ess’ ano a comer lle deu
ao Emperador a Madre do seu
Sennor Jhesu-Cristo per seu gran poder.
En tamanna coita non pode seerom’ a que a Virgen non poss’ acorrer.
E angeos muitos fazia vir
a estar con el e sse del non partir
polo conortar e o fazer dormir
e daquela coita o medo perder.
En tamanna coita non pode seer
om’ a que a Virgen non poss’ acorrer.
E dizia-ll’ assi: «Esto que ti fiz;
e que te faz’ ora, a Emperadriz,
ta moller, mio roga, a bõa fiiz,
a que o tu deves muito gradecer.
En tamanna coita non pode seer
om’ a que a Virgen non poss’ acorrer.
Porque en meu Fillo fias, o gran Rey,
non quix que morresses, e ar guardar-t-ei
enquant’ aqui fores, e pois sacar-t-ey
daqui, e desto non ajas que temer.»
En tamanna coita non pode seer
om’ a que a Virgen non poss’ acorrer.
Des que desta guisa seu ano conpriu,
de noit’ en vison o Patriarca viu
a Santa Maria, que lle descobriu
tod’ aquest[o] e fez[e]-llo entender.
En tamanna coita non pode seer
om’ a que a Virgen non poss’ acorrer.
O Patriarcha foi outro di’ alá
e à Emperadriz, a que nunca ja
tal prazer oyra, e come quen á
gran prazer do feito, fez-lo parecer.
En tamanna coita non pode seer
om’ a que a Virgen non poss’ acorrer.
Dentro ena cova gran gente meteu
e tirou a terr’ e a pena fendeu;
e pois lles el dentro viv’ apareceu,
tirárono ende sen sse deter.
En tamanna coita non pode seer
om’ a que a Virgen non poss’ acorrer.
E quando o viron, deron end’ a Deus
graças e loores, chorando dos seusollos muito todos, dizendo: «Os teus
servos nunca poden mui gran [mal] prender.»
En tamanna coita non pode seer
om’ a que a Virgen non poss’ acorrer.
E ele lles contou que por ssa moller
lle dera a Virgen quanto lle mester
fora: «E porende, se vos [a]prouguer»,
diss’ el, «id’ a ela graças en render.»
En tamanna coita non pode seer
om’ a que a Virgen non poss’ acorrer.
E eles o fezeron, pois todos en az
deron aa Virgen loores assaz
por este miragr’ e por outros que faz
grandes e fremosos pera retraer.
En tamanna coita non pode seer
om’ a que a Virgen non poss’ acorrer.
Quen leixar Santa Maria
– 132 –
Esta é como Santa Maria fez ao crerigo
que lle prometera castidade e sse casara
que leixasse ssa moller e a fosse servir.
Quen leixar Santa Maria
por outra, fará folia.
Quen leixa-la Groriosa
por moller que seja nada,
macar seja mui fremosa
e rica e avondada,
nen manssa nen amorosa,
fará loucura provada,
que mayor non poderia.
Quen leixar Santa Maria…
Ca toda a ffremosura
das outras é nemigalla
nen toda ssa apostura
tanto come ha palla
contra a desta; e dura
seu amor e non faz falla,
ante crece todavia.Quen leixar Santa Maria…
E dest’ un maravilloso
miragr’ avo en Pisa
a un crerigo fremoso
e ric’ e de mui gran guysa;
mais era tant’ omildoso
que celiço por camisa
sempre acaron vestia.
Quen leixar Santa Maria…
Demais las oras rezava
da Sennor de piadade,
que mais d’ outra ren amava,
e pola virgidade
dela a sua guardava
e ant’ a ssa Magestade
de guardar-la prometia.
Quen leixar Santa Maria…
E desta guisa vivendo,
seu padr’ e sa madre mortos
foron, e enrrequecendo
foi el, ca vinnas e ortos
lle ficaron, com’ aprendo;
poren lle davan conortos
seus parentes d’alegria.
Quen leixar Santa Maria…
E do que lle mais falavan
per que sse mais alegrasse,
era de como ll’ achavan
casament’, e que casasse,
e razões lle mostravan
muitas que o outorgasse;
mais a el non lle prazia.
Quen leixar Santa Maria…
Pero tanto o trouxeron
per faagu’ e per engano
que outorgar-lle fezeron
que casass’ en aquel ano;
ca de chão lle disseron
que faria gran seu dano
se el moller non prendia.
Quen leixar Santa Maria…E demais que lle darian
ha menynna donzela
das mais ricas que sabian
ena terra e mais bela,
porque ambos vivirian
sen coita e sen mazela
e sen toda tricharia.
Quen leixar Santa Maria…
Pois aquest’ ouv’ outorgado,
o prazo das vodas vo
en que ouv’ a seer grãado
que do seu, que do allo;
e dos que a seu chamado
ouve foi o curral cho
que mais en el non cabia.
Quen leixar Santa Maria…
Enquanto foron chegando
aqueles que convidara,
foi-ss’ el en ssi acordando
de como acostumara
dizer sas oras, e quando
viu que ja muito tardara,
na eigreja sse metia.
Quen leixar Santa Maria…
E u estava dizendo
sas oras devotamente,
un mui gran sono correndo
o fillou tan feramente
que caeu; e en jazendo
dormindo viu mui gran gente
que do ceo decendia,
Quen leixar Santa Maria…
E a Virgen escolleyta
tragia eno meogo
da companna, que dereita-
mente a el vo logo
e disse-lle: «Sen sospeyta
di-m’ ha ren, eu te rogo,
que de ti saber querria:
Quen leixar Santa Maria…
Non es tu o que diziasque mi mais que al amavas
e que me noytes e dias
mui de grado saudavas?
Porqué outra fillar yas
amiga e desdennavas
a mi, que amor ti avia?
Quen leixar Santa Maria…
Demais saudar-me ves
pois que te de mi partiste;
en todo torto me tes,
di, e porqué me mentiste?
Preçaste mais los seus bes
ca os meus? Porqué feziste,
sandeu, tan grand’ ousadia?»
Quen leixar Santa Maria…
Pois que ll’ aquest’ ouve dito,
foi-ss’ a mui Santa Reynna;
e el no coraçon fito
lle ficou end’ a espinna.
E, per com’ achei escrito,
as mesas mandou agynna
põer; mais pouc, el comia,
Quen leixar Santa Maria…
Cuidando en como vira
a Virgen, que lle dissera
que ll’ andara con mentira
e que torto lle fezera;
e por sayr de ssa yra
estev’ en gran coyta fera,
ata que ll’ anoytecia.
Quen leixar Santa Maria…
Enton ambo-los deytaron
na camara en un leyto;
e des que soos ficaron
e el viu dela o peyto,
logo ambos ss’ abraçaron,
cuidand’ ela seu dereyto
aver del, mais non podia.
Quen leixar Santa Maria…
Ca pero a gran beldade
dela fez que a quisesse
o novio de voontadee que lle muito prouguesse,
a Virgen de piadade
lle fez que o non fezesse.
E do leit’ enton s’ergia
Quen leixar Santa Maria…
E logo foi ssa carreyra
e leixou a gran requeza
que avia, e maneyra
fillou de mui gran pobreza
por servir a que senlleyra
foi e será en nobreza,
que os seus amigos guia,
Quen leixar Santa Maria…
Que o guyou ben sen falla
pois sempr’ en toda sa vida.
E a Virgen que nos valla,
quando ll’ a alma sayda
foi do corpo sen baralla,
onrradament’ e comprida,
lla levou u Deus siia.
Quen leixar Santa Maria…
Resurgir pode
– 133 –
Esta é de como Santa Maria ressucitou ha mina
que levaron morta ant’ o seu altar.
Resurgir pode e faze-los seus
vive-la Virgen de que naceu Deus.
Dest’ un miragre muy grande mostrou
en Elch’ a Madre do que nos conprou
polo seu sangue e que se leixou
matar na cruz per mãos de judeus.
Resurgir pode e faze-los seus…
Ha menynna morava ali
que padr’ e madre, com’ eu aprendi,
avia, e que vivian assi
come crischãos, mais non com’ encreus.
Resurgir pode e faze-los seus…Aquesta menynna foi a bever
ena cequia, e dentro caer
foi, por que ouve logo de morrer.
E con sospiros muitos e «ay eu»s
Resurgir pode e faze-los seus…
Que o seu padr’ enton por ela fez,
e ant’ o altar da Sennor de prez
a foi deitar e loar, outra vez
a el changiu, dizend': «Os pecados meus
Resurgir pode e faze-los seus…
Foron estes.» E logo fez cantar
missa de requiem pola soterrar,
e u foi a pistola rezar
dos mortos que fez Judas Macabeus.
Resurgir pode e faze-los seus…
A madre nunca de chorar quedou;
e poi-lo prest’ a sagra começou,
a menynna tan toste [se] levou
viva, dizendo: «Estes son dos teus
Resurgir pode e faze-los seus…
Miragres, Virgen, Madre do Sennor
do mundo, Jhesu-Cristo, Salvador,
aquel que foi morrer por noss’s amor,
segund que contan Marcos e Mateus.»
Resurgir pode e faze-los seus…
A Virgen en que é toda santidade
– 134 –
Esta é como Santa Maria guareceu na sa eigreja en Paris un ome que se tallara a
perna por gran door que avia do fogo de San Marçal, e outros muitos que eran con
ele.
A Virgen en que é toda santidade
poder á de toller tod’ enfermidade.
E daquest’ en Paris
a Virgen Maria
miragre fazer quise fez, u avia
mui gran gent’ assada que sãydade
veran demandar da ssa piadade.
A Virgen en que é toda santidade
poder á de toller tod’ enfermidade.
E do fogo tan mal
eran tormentados,
deste de San Marçal,
e assi queimados
que os nenbros todos de tal tempestade
avian de perder, esto foi verdade.
A Virgen en que é toda santidade
poder á de toller tod’ enfermidade.
Porende sse levar
fazian agynna
logo ant’ o altar
da Santa Reynna,
dizendo: «Madre de Deus, en nos parade
mentes e non catedes nossa maldade.»
A Virgen en que é toda santidade
poder á de toller tod’ enfermidade.
Eles chamand’ assi
a Virgen comprida,
foi-lles, com’ aprendi,
ssa razon oyda;
e per ha vidreira con craridade
entrou na eigreja a de gran bondade.
A Virgen en que é toda santidade
poder á de toller tod’ enfermidade.
E a yr-sse fillou
perant’ os doentes
e os santivigou,
pois lles teve mentes,
e disse-lles assi: «Tan toste sãade,
ca meu Fillo o quer, Rey da Majestade.»
A Virgen en que é toda santidade
poder á de toller tod’ enfermidade.
Logo foron tan ben
daquel fogo sãos,
que lles non noziu ren
en pes nen en mãos;
e dizian assi: «Varões, levadee a Santa Maria loores dade.»
A Virgen en que é toda santidade
poder á de toller tod’ enfermidade.
Quantos eran enton
dentro essa ora
sãos e sen lijon
foron; mais de fora
da eigreja jazian con mesquindade,
ca non cabian dentr’ end’ a meadade.
A Virgen en que é toda santidade
poder á de toller tod’ enfermidade.
Ontr’ aqueles, com’ ei
en verdad’ apreso,
jazia, com’ achei,
un tan mal aceso
que ssa perna tallara con crueldade
e deitara no rio dessa cidade.
A Virgen en que é toda santidade
poder á de toller tod’ enfermidade.
O mal xe ll’ aprendeu
ena outra perna,
tan forte que ardeu
mui mais que lenterna;
mais la Madre de Deus lle diss': «Acordade,
ca ja são sodes desta gafidade.»
A Virgen en que é toda santidade
poder á de toller tod’ enfermidade.
El respondeu-ll’ adur:
«Benaventurada,
est’ outra con segur
perna ei tallada;
mas pola vossa gran mercee mandade
que seja com’ ant’ era e a juntade.»
A Virgen en que é toda santidade
poder á de toller tod’ enfermidade.
Enton seu rog’ oyu
a mui piadosa,
e log’ a perna viu
sãa e fremosa
per poder da Virgen, que per omildade
foi Madre do que é Deus en Tridade.
A Virgen en que é toda santidade
poder á de toller tod’ enfermidade.Poi-las figuras fazen dos santos
– 136 –
Esta é como en terra de Pulla, en ha vila que á nome Foja, jogava ha moller os
dados con outras conpannas ant’ ha eigreja; e porque perdeu, lançou ha pedra que
déss’ ao Meno da omage de Santa Maria, e ela alçou o braço e recebeu o colbe.
Poi-las figuras fazen dos santos renenbrança,
quenas cuida desonrrar mui fol é sen dultança.
Desto direi un miragre que a Groriosa
fez grand’ en terra de Pulla come poderosa
sobr’ un malfeito que fez ha moller astrosa,
por que prendeu poren morte a muy gran viltança.
Poi-las figuras fazen dos santos renenbrança,
quenas cuida desonrrar mui fol é sen dultança.
Esto na vila de Foja foi ant’ ‘ eigreja
u estav’ ha omage da que sempre seja
beita, feita de marmor, de mui gran sobeja
beldade, en que as gentes avian fiança.
Poi-las figuras fazen dos santos renenbrança,
quenas cuida desonrrar mui fol é sen dultança.
En essa vila, segund’ eu aprix en verdade,
fillo do Emperador y era Rey Corrade;
de ssa conpanna jogavan ant’ a Majestade
dados omees e molleres, com’ é ssa usança.
Poi-las figuras fazen dos santos renenbrança,
quenas cuida desonrrar mui fol é sen dultança.
Ha moller aleimãa, tafur e sandia,
jogava y; e porque perdeu, tal felonia
lle creceu, que ao Fillo da omagen ya
corrend’ e log’ ha pedra por ssa malandança
Poi-las figuras fazen dos santos renenbrança,
quenas cuida desonrrar mui fol é sen dultança.
Lle lançou por eno rostro feri-lo Menynno.
Mais la Madr’ alçou o braço logo mui festo,
e eno coved’ a pedra fez-ll’ un furadynno,
que lle pareceu por senpre por gran demostrança.
Poi-las figuras fazen dos santos renenbrança,
quenas cuida desonrrar mui fol é sen dultança.Quand’ aquesta maravilla foi al Rei contada,
logo foi por seu mandado a moller fillada,
des i per toda-las ruas da vila rastrada;
desta guisa a sa Madre quis Deus dar vingança.
Poi-las figuras fazen dos santos renenbrança,
quenas cuida desonrrar mui fol é sen dultança.
Des i el Rei a omagen ben guardar mandava,
e o pintor dessa vila toda a pintava;
mais o braço per niha ren non llo tornava
com’ ant’ era, ca non quis Deus por sinificança.
Poi-las figuras fazen dos santos renenbrança,
quenas cuida desonrrar mui fol é sen dultança.
Sempr’ acha Santa Maria
– 137 –
Como Santa Maria fez seer casto a un cavaleiro
que soya seer muy luxurioso.
Sempr’ acha Santa Maria razon verdadeira
per que tira os que ama de maa carreira.
E dest’ un mui gran miragre direi que avo
a un cavaleiro que era seu, non allo,
desta Sennor groriosa; mas tant’ era cho
de luxuria, que passava razon e maneira.
Sempr’ acha Santa Maria razon verdadeira
per que tira os que ama de maa carreira.
Ca pero muito fiava en Santa Maria
e loava os seus bes quanto mais podia,
o pecado de luxuri’ assi o vencia
que o demo o levara, cousa é certeira,
Sempr’ acha Santa Maria razon verdadeira
per que tira os que ama de maa carreira.
Assi que nunca ja parte Deus en el ouvesse
nen ssa Madr’, a Virgen santa, se lle non fezesse
ao demo força per que llo toller podesse.
Mais aquela que parindo Virgen foi enteira,
Sempr’ acha Santa Maria razon verdadeira
per que tira os que ama de maa carreira.A que ss’ ele noit’ e dia sempr’ acomendava
e que o daquel pecado tirasse rogava,
que o ben que el fazia todo desatava
e fazia sa promessa sempre mentireira.
Sempr’ acha Santa Maria razon verdadeira
per que tira os que ama de maa carreira.
Ca macar el prometia que nunca tornasse
en est’ erro, muitas vezes, e se del quitasse,
o demo lle pois fazia que o non leixasse,
por mete-lo do inferno dentro na caldeira.
Sempr’ acha Santa Maria razon verdadeira
per que tira os que ama de maa carreira.
El en tal coita vivendo, a mui Groriosa,
entendendo que saude dest’ era dultosa,
porque non perdess’ sa alma, come piadosa
faz e come mui sisuda e come arteira.
Sempr’ acha Santa Maria razon verdadeira
per que tira os que ama de maa carreira.
Ca pois viu que do pecado nunca pedença
el tevera que lle dessen, meteu sa femença
en tira-lo del, en guisa que en descreença
non caesse pelo demo, que senpre mal cheyra
Sempr’ acha Santa Maria razon verdadeira
per que tira os que ama de maa carreira.
A pecad’ e a mentira e a falssidade.
Poren sãou a Reynna de gran piadade
este cavaleir’ e fez-lle ter castidade
por maneira muit’ estranna e mui vertudeira.
Sempr’ acha Santa Maria razon verdadeira
per que tira os que ama de maa carreira.
E fez-lle que non perdess’ ollos, pees nen mãos
nen outros nenbros do corpo, mais que fossen sãos;
mais se o metess’ o demo en cuidados vãos
de pecado, que non podesse seer en tal feira;
Sempr’ acha Santa Maria razon verdadeira
per que tira os que ama de maa carreira.
Ca pero que gran sabor ouvesse de quere-lo,
que per nulla maneira non podesse faze-lo.
Esto fez a Virgen santa pera sig’ ave-lo,
ca de salvar os seus senpre é mui sabedeira.
Sempr’ acha Santa Maria razon verdadeira
per que tira os que ama de maa carreira.Quen a Santa Maria de coraçon
– 138 –
Como San Joan Boca-d’Ouro,
porque loava a Santa Maria, tiraron-ll’ os ollos e foi esterrado
e deitado do patriarcado; e depois fez-lle Santa Maria aver ollos,
e cobrou per ela sa dinidade.
Quen a Santa Maria de coraçon
rogar, oir-ll-á ela ssa oraçon.
Ca o que a de voontade rogar
e mui de coraçon en ela fiar,
se ll’ algo pedir assi ou demandar,
dar-llo-á, que sol non lle dirá de non.
Quen a Santa Maria de coraçon…
E dest’ un miragre, per com’ eu oý,
dizer-vos quer’ ora e contar aqui,
que Santa Maria fez, com’ aprendi,
por Johan Boca-d’Ouro, nobre baron,
Quen a Santa Maria de coraçon…
Que disse muito ben dela e dos seus
feitos e de como foi Madre de Deus;
porend’ os gentiis maos e encreus
sacaron-ll’ os ollos a gran traiçon.
Quen a Santa Maria de coraçon…
E ar mandaron-lle que logo sair
se fosse da terr’, e non leixaron ýr
null’ ome con ele pera o servir,
mas deron-lle pouco pan e un bordon.
Quen a Santa Maria de coraçon…
Pois esto fezeron, fórono meter
eno camynno que devia ter;
e poi-lo leixaron, foi log’ el torcer
e caeu en un mui gran silvar enton.
Quen a Santa Maria de coraçon…
El ali jazendo espinnado mal,
volvendo-sse dentro con coita mortal,
chamou log’ a Reynna esperital,
a que chaman senpr’ os que coitados son,Quen a Santa Maria de coraçon…
Dizendo: «Sennor, e nenbre-te do teu
servo cegu’ e pobre com’ oge jasqu’ eu;
mas tu, Sennor, cata o coraçon meu
e saca-m’ ora desta maa prijon.»
Quen a Santa Maria de coraçon…
Pois esto dit’ ouve, a do bon talan
chegou e tiró-o dali sen afan
e disse: «Se queres, logo veerán
teus ollos tan ben come outra sazon
Quen a Santa Maria de coraçon…
Viron, e ta dinidade averás,
e quanto perdiste todo cobrarás.»
Diss’ el: «Sennor, ante mi tu mostrarás
o que mais teu Fillo, se el mi perdon,
Quen a Santa Maria de coraçon…
Amou eno mundo quand’ en el naceu.»
Enton a Virgen d’ ant’ ele se tolleu;
mais aa outra noite ll’ apareceu
con seu Fill’ en braços, e viu en vijon
Quen a Santa Maria de coraçon…
Que pelas tetas, como meno faz,
tragia sas mãos come a quen praz
de mama-las; e pois mamava assaz,
beijava sa Madre polo galardon.
Quen a Santa Maria de coraçon…
Quand’ esto foi, San Yoan enton cobrou
seus ollos e viu; e logo o chamou
a Virgen e disse: «Desto se pagou
meu Fillo mais d’al, e con mui gran razon;
Quen a Santa Maria de coraçon…
Ca estas tetas lo criaron tan ben
como a sa carne mui nobre conven;
e porende as amou mais d’outra ren,
porque destas tetas ouv’ el criaçon.»
Quen a Santa Maria de coraçon…Pois San Yoane tod’ aquesto vyu,
o seu cobrou todo, que ren non faliu;
e depois, quando deste mundo sayu,
sa alma foi u é San Symeon.
Quen a Santa Maria de coraçon…
Maravillosos e piadosos
– 139 –
Como Santa Maria fez que falasse o Fillo que tia nos braços
ao da bõa moller, que lle disse: «papa!»
Maravillosos e piadosos
e mui fremosos
miragres faz
Santa Maria,
a que nos guia
ben noit’ e dia
e nos dá paz.
E dest’ un miragre vos contar quero
que en Frandes aquesta Virgen fez,
Madre de Deus, maravillos’ e fero
por ha dona que foi ha vez
a sa eigreja
desta que seja
por nos, e veja-
mo-la sa faz
no Parayso,
u Deus dar quiso
goyo e riso
a quen lle praz.
Maravillosos…
Aquesta dona levou un meno,
seu fillo, sigo, que en offreçon
deu aa Virgen, mui pequeno,
que de mal llo guardass’ e d’ oqueijon
e lle fezesse
per que dissesse
sempr’ e soubesse
de ben assaz,
que, com’ aprendo,
seu pan comendo
foi. Mui correndo
parou-ss’ en azMaravillosos…
Cabo do Fillo daquela omagen
e diss’ o menynno: «Queres papar?»
Mais la figura da Virgen mui sagen
diss’ a seu Fillo: «Di-lle sen tardar
que non ss’ espante,
mais tigo jante
u sempre cant’ e
aja solaz
e seja quito
do mui maldito
demo que scrito
é por malvaz.»
Maravillosos…
Quand’ esto diss’, a omagen de Cristo
respos ao menynno: «Paparás
cras mig’ en Ceo; e pois que me visto
ouveres, senpre pois migo seerás
u ouças quanto
cada un santo
canta, que chanto
e mal desfaz.»
Esto comprido
foi, e transsido
o moç’ e ydo
a Deus viaz.
Maravillosos…
Ena gran coita sempr’ acorrer ven
– 142 –
Como Santa Maria quis gua[r]dar de morte un ome
dun rei que entrara por ha garça en un rio.
Ena gran coita sempr’ acorrer ven
a Virgen a quen fia en seu ben.
Com’ ha vez acorreu ant’ el Rey
Don Affonsso, com’ ora vos direi,
a un ome que morrera, ben sei,
se non fosse pola que nos manten.
Ena gran coita sempr’ acorrer ven
a Virgen a quen fia en seu ben.Esto foi eno rio que chamar
soen Fenares, u el Rey caçar
fora, e un seu falcon foi matar
en el ha garça muit’ en desden.
Ena gran coita sempr’ acorrer ven
a Virgen a quen fia en seu ben.
Ca pero a garça muito montou,
aquel falcon toste a acalçou
e dun gran colbe a à lle britou,
e caeu na agua, que ja per ren
Ena gran coita sempr’ acorrer ven
a Virgen a quen fia en seu ben.
Os cães non podian acorrer,
ca o rio corria de poder,
por que ouveran a garç’ a perder.
Mas el Rey deu vozes: «Quen será, quen
Ena gran coita sempr’ acorrer ven
a Virgen a quen fia en seu ben.
Que entre pola garça e a mi
a traga logu’ e aduga aqui?»
E un d’ Aguadalffaja[ra] assi
disse: «Sennor, eu adurey aquen
Ena gran coita sempr’ acorrer ven
a Virgen a quen fia en seu ben.
Do rio.» E log’ en el sse meteu
con sas osas, que sol nonas tolleu,
e aa garça foi e a prendeu
pela cabeça, e quisera-ss’ en
Ena gran coita sempr’ acorrer ven
a Virgen a quen fia en seu ben.
Tomar, ca avia mui gran sabor
de da-la garça al Rei, seu sennor.
Mai-la agua o troux’ a derredor
de guisa que lle fez perde-lo sen.
Ena gran coita sempr’ acorrer ven
a Virgen a quen fia en seu ben.
Ca a força d’ agua assi o pres
que o mergeu duas vezes ou tres;
mas el chamou a Virgen [mui] cortes,
que pariu Jesu-Crist’ en Belleen.Ena gran coita sempr’ acorrer ven
a Virgen a quen fia en seu ben.
E todos a chamaron outro tal,
mas el Rei disse: «Non averá mal;
ca non querrá a Madr’ esperital
que nos guarda e nos en poder ten.»
Ena gran coita sempr’ acorrer ven
a Virgen a quen fia en seu ben.
E macar todos dizian: «mort’ é»,
el Rey dizia: «non ést’, a la ffe;
ca non querria aquela que sé
sempre con Deus e de nos non desten.»
Ena gran coita sempr’ acorrer ven
a Virgen a quen fia en seu ben.
E assi foi; ca logo sen mentir
o fez a Virgen do rio sayr
vivo e são e al Rey vir
con ssa garça que trouxe ben dalen.
Ena gran coita sempr’ acorrer ven
a Virgen a quen fia en seu ben.
E foy-a dar log’ al Rey manaman,
que beizeu muit’ a do bon talan
por este miragre que fez tan gran,
e todos responderon log': «Amen.»
Ena gran coita sempr’ acorrer ven
a Virgen a quen fia en seu ben.
Quen alga cousa
– 143 –
Como Santa Maria fez en Xerez chover por rogo dos pecadores
que lle foron pedir por merçee que lles désse chovia.
Quen alga cousa quiser pedir
a Deus por Santa Maria,
se de seus pecados se repentir,
ave-lo-á todavia.
Poren vos quero contar sen mentir
Quen alga cousa quiser pedircomo Santa Maria quis oyr
Quen alga cousa quiser pedir
un poblo, que se lle foi offerir
por chuvia que lle pedia.
Quen alga cousa quiser pedir…
En Xerez, preto d’ Aguadalquivir,
foi este miragre, que sen falir
ouv’ i tan gran seca, por que fugir
a gent’ en toda queria.
Quen alga cousa quiser pedir…
Mas un frade mor os fez vir
e fez-lles sermon, en que departir
foi como Deus quis por nos remiir
nacer, como dit’ avia,
Quen alga cousa quiser pedir…
Da Santa Virgen, e com’ ar fir
quis por nos na cruz e pois resorgir
do sepulcr’ e o demo destroyr,
que ante nos destroya.
Quen alga cousa quiser pedir…
E disse: «Se quisessedes gracir
est’ a Deus e a ssa Madre servir
e de vossos pecados vos partir,
a chuvia logo verria.
Quen alga cousa quiser pedir…
Poren cada u com’ a mi vir
fazer faça; e sei que nos oyr
querrá a Virgen que Deus foi parir,
que ante de tercer dia
Quen alga cousa quiser pedir…
Averemos chuvia que nos conprir
e per que poderemos ben guarir
e daquesta mui gran coita sair,
dest’ eu fiador serya.»
Quen alga cousa quiser pedir…
Pois esto disse, sen al comedir,
log’ en terra das mãos foi ferir
e diss': «A esta gente faz sentir,mia Sennor, que en ti fia,
Quen alga cousa quiser pedir…
O teu bien, con que possamos goir.»
E log’ á gente fillou-ss’ a rogirso
e as molleres chorar e carpir
cada ha a perfia.
Quen alga cousa quiser pedir…
Enton a Virgen as nuves abrir
fez e delas tan gran chuvia sayr,
que quantos choravan fezo riir
e yr con grand’ alegria.
Quen alga cousa quiser pedir…
O que pola Virgen
– 145 –
Como San Johan, patriarca de Alexandria, deu quant’ avia a pobres en u ano caro.
O que pola Virgen de grado seus dões
der, dar-vo-ll-á ela grandes galardões.
E dest’ un miragre quero que sabiades
per mi, porque sempre voontad’ ajades
de fazer por ela ben e que tennades
firmement’ en ela vossos corações.
O que pola Virgen de grado seus dões…
Un patriarcha ouv’ en Aleixandria
santo e fiel, que Johan nom’ avia;
este muit’ amava a Santa Maria
e por amor dela dava sas rações,
O que pola Virgen de grado seus dões…
Has a mesquos, enfermos, coitados,
e outras a pobres muit’ envergonnados,
e aconssellava desaconssellados;
assi do seu todos avian quynnões.
O que pola Virgen de grado seus dões…
El esto fazendo, en aquela terra
avo gran fame por tenp’ e por guerra;mais tal non foi ele come o que serra
sa port’ e s’ asconde dentro nos rancões;
O que pola Virgen de grado seus dões…
Ant’ abriu sas portas, e seu aver dado
foi mui francamente e ben enpregado
por amor da Virgen de que Deus foi nado,
que non lle ficaron sol dous pepiões,
O que pola Virgen de grado seus dões…
Senon esses panos ond’ era vestido.
E pois se viu pobre, foi end’ esmarrido;
mais à Virgen santa, per com’ ey oydo,
que o acorresse fez sas orações.
O que pola Virgen de grado seus dões…
Mannãa ergeus-se e aa eigreja
foi oyr [a] missa da que sempre seja
beita, con grand’ esperança sobeja
de lle comprir ela as sas promissões.
O que pola Virgen de grado seus dões…
E ena carreira viu un pastorynno
que contra el logo vo mui festo,
aposto vestido e mui fremoso,
que lle diss': «Oide poucas de razões
O que pola Virgen de grado seus dões…
Que vos dizer quero, e falade migo.»
E pois ss’ apartaron, diss': «Esto vos digo:
aqueste tesouro vos dá voss’ amigo,
o Fillo da Rea das beyções;
O que pola Virgen de grado seus dões…
Fillade-o logo, ca eu ir-me quero.»
E o patriarcha viu aver tan fero,
que mayor non ouve enperador Nero
quando queimou Roma e tornou carvões.
O que pola Virgen de grado seus dões…
Foi-ss’ aquel mancebo; mai-lo patriarcha
meteu aquel ouro dentr’ en ha arca,
e cantand’ a missa, [diz]: «Se Deus me parca,
querria saber ond’ estas offreçõesO que pola Virgen de grado seus dões…
Tan grandes e bõas foron enviadas.»
Aquesto na missa muitas de vegadas
rogou; e respostas lle foron en dadas
que Jhesu-Christo, que foi ontr’ os ladrões
O que pola Virgen de grado seus dões…
Ena cruz pregado, que llo enviara
per rogo de ssa Madre que llo rogara,
porque enos pobres o seu enpregara
e en santos omes de religiões.
O que pola Virgen de grado seus dões…
Log’ aqueste feito toste foi sabudo
e o poboo da cidade movudo
loando a Virgen que é noss’ escudo
contra o diabo e sas tentações.
O que pola Virgen de grado seus dões…
A Madre do que a bestia
– 147 –
Como ha moller pobre deu sa ovella a guardar a un ovelleiro, e quando ao trosquiar
das ovellas vo a vella demandar a sua e o ovelleiro disse que a comera o lobo,
chamou Santa Maria de Rocamador, e a ovella braadou u [l]la tia o ovelleiro
asconduda e disse: «Ei-me acá, ei-m’ acá.»
A Madre do que a bestia de Balaam falar fez
ar fez pois ha ovella ela falar ha vez.
Esto fez Santa Maria
por ha pobre moller
que a de grado servia
come quen ben servir quer;
e porend’ ela un dia
valeu-ll’ u lle foi mester
e mostrou y seu miragre, que vos non foi mui rafez.
A Madre do que a bestia de Balaam falar fez…
Aquesta moller mesqua
de quanto pud’ achegar
conprou ha ovella
e foy-a dar a guardar
a un pegureir’ aga;e pois ao trosquiar
foi en demandar a lãa pola vender por seu prez.
A Madre do que a bestia de Balaam falar fez…
Mas o pegureir’ astroso
a ovella ascondeu
e come cobiiçoso
diss': «O lobo a comeu.»
A vella por mentiroso
o tev’ end’, e lle creceu
tal coita por ssa ovella que tornou tal come pez.
A Madre do que a bestia de Balaam falar fez…
E disse: «Ay, Groriosa,
a mia ovella me dá,
ca tu end’ es poderosa
de o fazer.» E dalá
du jazia a astrosa
ovella diss': «Ey-m’ acá.»
E assi Santa Maria aquest’ engano desfez.
A Madre do que a bestia de Balaam falar fez…
E a vella mui festynno
ssa ovella trosquiou,
e meteu-ss’ ao camo
e quanto más pod’ andou,
a costas seu veloco;
a Rocamador chegou,
dizend': «Esto fez a Virgen que sempre teve belmez.»
A Madre do que a bestia de Balaam falar fez…
De mui grandes periglos
– 148 –
Como un cavaleiro guareceu de mãos de seus emigos
por ha camisa que chaman de Santa Maria,
que tragia vestida.
De mui grandes periglos e de mui grandes maes
guarda Santa Maria os que lle son leaes.
E daquest’ un miragre mostrarei en tal guisa
que dos outros da Virgen será mui grand’ enquisa,
que faz muitos en Chartes por ha sa camisa;
e ja vos en dix’ outros, ben oistes de quaes.De mui grandes periglos e de mui grandes maes
guarda Santa Maria os que lle son leaes.
En Chartes á h’ arca, que van muitos vee-la,
u jaz ha camisa de lynno que foi dela;
e cada un sa tea leva e vai põe-la
sobr’ aquela camisa que jaz volt’ en cendaes.
De mui grandes periglos e de mui grandes maes
guarda Santa Maria os que lle son leaes.
E pois fazen camisas, cada un de seu pano,
que enas lides tragen, per que os Deus de dano
guarde dos emigos; mas esto sen engano
o façan, senon nunca lles valrria ja maes.
De mui grandes periglos e de mui grandes maes
guarda Santa Maria os que lle son leaes.
Onde un cavaleyro ha destas tragia
vestida, porque muitos emigos avya;
mais ena Virgen santa fiava e criya
e non fazia feytos maos nen desiguaes.
De mui grandes periglos e de mui grandes maes
guarda Santa Maria os que lle son leaes.
Un dia cavalgava per cabo da xara,
sa camisa vestida, ca armar non s’ uviara;
enton seus emigos lle sayron de cara
e deron-lle mui grandes colbes e mui mortaes.
De mui grandes periglos e de mui grandes maes
guarda Santa Maria os que lle son leaes.
E cada un tia deles que lle passava
o corpo cona lança, tal ferida lle dava;
mas guardó-o a Virgen que sol non lle chegava
niun colb’ ao corpo nen fazian sinaes.
De mui grandes periglos e de mui grandes maes
guarda Santa Maria os que lle son leaes.
E os seus escudeyros dele foron chorando
contra has aldeas e apelido dando.
Enton muitas das gentes se foron y chegando
e achárono vivo cabo dus moraes,
De mui grandes periglos e de mui grandes maes
guarda Santa Maria os que lle son leaes.Que lles contou o feito todo en qual maneira
o guardara de morte a Sennor verdadeyra;
e demais la camisa viron toda enteyra,
e loaron a Virgen que faz miragres taes.
De mui grandes periglos e de mui grandes maes
guarda Santa Maria os que lle son leaes.
Fol é a desmesura
– 149 –
Como un preste aleiman dultava do Sagramento do Corpo de Deus
e rogou a Santa Maria que lle mostrasse ende a verdade;
e Santa Maria assi o fez porque era de bõa vida.
Fol é a desmesura
quen dulta que tornada
a Ostia sagrada
non é en carne pura.
Mas, como cuidar deve null’ ome que non possa
a Ostia ser carne, pois que Deus quis a nossa
prender e seer ome e resurgir da fossa,
por seu poder tod’ esto que [é] sobre natura?
Fol é a desmesura…
E porende vos quero desta razon un preito
contar que ey oydo mui pouc’ á e retreyto;
e creo que terredes por estrann’ end’ o feito
primeyr’ e pois encima por fremos’ aventura.
Fol é a desmesura…
En terra d’ Aleymanna un crerigo avya
que amava mais d’ outra cousa Santa Maria,
assi que a ssa missa cantava cada dya;
mas eno Sagramento dultava con loucura.
Fol é a desmesura…
Dest’ a Santa Maria, cada que el cantava
ssa missa, mui de rrijo chorando lle rogava
que o certo fezesse daquelo que dultava,
assi que non morresse ende cona rancura.
Fol é a desmesura…
Onde assy ll’ avo que un sabad’, estandona missa, e sagrara a Ostia dultando,
tolleu-xe-lle de vista; e por ela catando,
viu a que de Deus Madre foi per ssa gran cordura,
Fol é a desmesura…
Con seu Fillo nos braços, aposta e fremosa.
E macar era bela, foi-ll’ a el espantosa,
e tremend’ el lle disse: «Ai, Sennor groriosa,
se a Ostia tes, dá-mia por ta mesura.»
Fol é a desmesura…
Ela lle respos logo; «Ome de mal ciente,
este que tenn’ en braços é essa veramente
a Ostia que sagras, de que non es creente
porque a ti semella que de pan á fegura.
Fol é a desmesura…
Mas pero o revolves e tanges con tan mãos,
creendo que pan ést[e], este polos crischãos
recebeu na cruz morte que judeus e pagãos
lle deron desonrrada por dar a nos folgura.
Fol é a desmesura…
Est’ é o que tu comes, onde fazes tres partes,
e beves do seu sangue, ond’ é ben que te fartes;
e quen cree ben esto, o demo nen sas artes
nunca lle terrán dano, se en elo atura.
Fol é a desmesura…
Est’ é o que tu alças e baixas e descobres,
que quiso seer pobre por requenta-los pobres
no seu reino do Ceo e faze-los y nobres
mui mais que nulla outra que seja creatura.
Fol é a desmesura…
E pero semellança an de pan e de vynno,
esto quer Deus que seja polo ome mesquynno,
que terria por crua cousa comer mino
ou bever de seu sangue, ca non é apostura.»
Fol é a desmesura…
Quando ll’ est’ ouve dito, vyu a Ostia logo
e comeu-a chorando aquel preste moogo;
des i non viu a Virgen, mais disse-l': «Eu te rogo,
Sennor, que me tu leves desta carcer escuraFol é a desmesura…
E que veja no Ceo a ta face velida.»
E dali adeante en creenç’ e en vida
foi tal, que pois ll’ a alma do corpo foi sayda,
dos angeos levada foi suso na altura.
Fol é a desmesura…
A que Deus ama
– 150 –
Esta é de loor de Santa Maria.
A que Deus ama, amar devemos;
a que Deus preça e nos precemos,
a que Deus onra, nos muit’ onrremos;
esta é sa Madre Santa Maria.
Non ouv’ a outra tal amor mostrado
com’ a esta, pois el quis ensserrado
seer en ela e ome formado,
e fez Madre da filla que avia.
A que Deus ama, amar devemos…
Preçou-a mais d’outra ren que fezesse,
pois que quiso que el por fill’ ouvesse
e outrossi que todo ben soubesse,
mais que quantas cousas feitas avia.
A que Deus ama, amar devemos…
Onrrou-a tanto, per que é chamada
Sennor de todos, Madr’ e Avogada;
e foi nos Ceos per el corõada,
e a par dele see todavia.
A que Deus ama, amar devemos…
E pois per ela nos deu nova lee
Nostro Sennor, peçamos-lle mercee
que rog’ a el que nossos erros vee,
que nos guarde de mal e de folia.
A que Deus ama, amar devemos…Tantas nos mostra a Virgen
– 152 –
Como u bon cavaleiro d’ armas, pero que era luxurioso,
dezia sempr’ «Ave Maria»,
e Santa Maria o fez en partir per sa demostrança.
Tantas nos mostra a Virgen de mercees e d’ amores
que per ren nunca devemos seer maos pecadores.
E dest’ un mui gran miragre mostrou por un cavaleiro
que apost’ e fremos’ era e ardid’ e bon guerreiro;
mas era luxurioso soberv’ e torticeiro,
e cho d’ outros pecados muitos, grandes e mores.
Tantas nos mostra a Virgen de mercees e d’ amores…
Este per ren madodynnos nen vesperas non oya,
nen outras oras nen missa; pero en Santa Maria
fiava e muitas vezes a saudaçon dizia
que ll’ o Sant’ Angeo disse, de que somos sabedores.
Tantas nos mostra a Virgen de mercees e d’ amores…
E un dia, u estava cuidando en ssa fazenda
com’ emendass’ en sa vida, e avia gran contenda,
ca a alma conssellava que fezesse dest’ emenda,
mas a carne non queria que leixasse seus sabores;
Tantas nos mostra a Virgen de mercees e d’ amores…
El estand’ en tal perfia, pareceu-ll’ a Groriosa
con ha branqu’ escudela de prata, grand’ e fremosa,
cha dun manjar mui jalne, non de vida saborosa,
mas amarga, e sen esto dava mui maos odores.
Tantas nos mostra a Virgen de mercees e d’ amores…
U a viu o cavaleyro, foi con medo [e]spantado
e preguntou-lle quen era. Diss’ ela: «Dar-ch-ei recado:
eu sõo Santa Maria, e venno-te teu estado
mostrar per est’ escudela, porque leixes teus errores.
Tantas nos mostra a Virgen de mercees e d’ amores…
Ca ves, esta escudela mostra-ti que es fremoso
e ás muitas bõas mannas; mas peccador e lixoso
es na alma, poren cheiras com’ este manjar astroso,
per que yrás a inferno, que é cho d’ amargores.»
Tantas nos mostra a Virgen de mercees e d’ amores…E pois ll’ ouv’ aquesto dito, a Virgen logo foy ida;
e el dali adeante enmendou tant’ en sa vida,
per que quando do seu corpo a ssa alma foy partida,
foi u viu a Virgen santa, que é Sennor das sennores.
Tantas nos mostra a Virgen de mercees e d’ amores…
Quen quer que
– 153 –
Como ha moller de Gasconna,
que desdennava a romaria de Santa Maria de Rocamador,
disse que, sse a alá non levass’ ha sela
en que siia, que nunca yria alá.
Quen quer que ten en desden
a Santa Maria,
gran mal lle verrá poren.
Daquest’ avo assi,
temp’ á, en Gasconna,
que ha dona ouv’ y
de pouca vergonna,
que sol non týa en ren
d’ ir en romaria,
atant’ era de mal sen,
Quen quer que ten en desden…
A Rocamador, que d’ y
mui preto estava.
E poren, com’ aprendi,
muito a coytava
ha ssa moça des en,
dizendo: «Perfia
fillastes que prol non ten;
Quen quer que ten en desden…
E pois non queredes yr
en nulla maneyra,
vel leixade-me conprir
aquesta carreyra.»
Disse-ll’ ela: «Vay e ven,
ai, louca, sandia,
ca eu non m’ irei daquen,
Quen quer que ten en desden…Se m’ a sela non seguir
en que assentada
sejo, e que sen falir
me lev’ y folgada.»
Ond’ aquest’ avo en
que logo s’ ergia
a sela ligeyramen
Quen quer que ten en desden…
E ant, o altar deceu
da mui Groriosa;
e culpada se tendeu,
chamando-ss’ astrosa,
dizendo: «tal será quen
fillar ousadia
contra quen lle non conven.»
Quen quer que ten en desden…
Ali sse desaprendeu
dela log’ a sela
e ant’ o altar caeu
da Madre-donzela,
que senpre quer nosso ben;
e ya por vee-la
gente daquend’ e dalen.
Quen quer que ten en desden…
A Madre do que de terra
– 156 –
Este miragre fez Santa Maria en Cunnegro
por un crerigo que cantava mui ben as sas prosas a ssa loor,
e prendérono ereges e tallaron-ll’ a lingua.
A Madre do que de terra primeir’ ame foi fazer
ben pod’ a lingua tallada fazer que possa crecer.
Dest’ un mui maravilloso
miragre vos contarey,
que fez, e mui piadoso,
a Madre do alto Rei
por un crerigo, que foran a furt’ ereges prender
porque de Santa Maria sempr’ ya loor dizer.
A Madre do que de terra primeir’ ome foi fazer…Poilo ouveron fillado,
quisérano y matar;
mais, polo fazer penado
viver, foron-lle tal[l]ar
a lingua ben na garganta, cuidando-[o] cofonder,
porque nunca mais da Virgen fosse loor compõer.
A Madre do que de terra primeir’ ome foi fazer…
Pois que ll’a lingua tallaron,
leixárono assi yr;
e mui mal lle per jogaron,
ca non podia pedir
nen cantar como cantara da que Deus quiso nacer
por nos; e con esta coita cuidava o sen perder.
A Madre do que de terra primeir’ ome foi fazer…
E o que mais grave ll’ era,
que quando oya son
dizer dos que el dissera,
quebrava-ll’ o coraçon
porque non podia nada cantar, ond[e] gran prazer
ouvera muitas vegadas, e fillava-ss’ a gemer.
A Madre do que de terra primeir’ ome foi fazer…
El cuitad’ assi andando,
un dia foi que chegou
a Cunnegro, e entrando
na eigreja, ascuitou
e oyu como cantavan vesperas a gran lezer
da Virgen santa Rea; e quis con eles erger
A Madre do que de terra primeir’ ome foi fazer…
Sa voz, e ssa voontade
e ssa punna y meteu.
E log’ a da gran bondade
fez que lingua lle naceu
toda nova e comprida, qual ante soy’ aver;
assi esta Virgen Madre lle foi conprir seu querer.
A Madre do que de terra primeir’ ome foi fazer…
Esto viron muitas gentes
que estavan enton y,
e meteron mui ben mentes
no miragre, com’ oý;
e a Virgen poren todos fillaron-s’ a beizer,
e o crerigo na orden dos monges se foi meter.
A Madre do que de terra primeir’ ome foi fazer…E de tal razon vos quero
– 158 –
Esta é como Santa Maria sacou de prijon un cavaleiro
e mandou-lle que se fosse pera Rocamador.
De muitas guisas los presos solta a mui groriosa,
santa e Virgen Maria, tant’ é con Deus poderosa.
E de tal razon vos quero contar un mui gran miragre, que fez por un cavaleiro
bõo d’armas e de mannas e en servir un ric-ome cug’ era, mui verdadeiro;
e foi pres’ en seu serviço, e en carcer tevrosa
o meteron e en ferros, como gente cobiiçosa,
De muitas guisas los presos solta a mui groriosa…
En tal que o espeytassen. Mas aquel sennor cug’ era sobr’ el mentes non parava;
e ele con mui gran coita sempre de noit’ e de dia Santa Maria chamava
que acorre-lo vsse como Sennor piadosa,
e que dali o tirasse, daquela prijon nojosa.
De muitas guisas los presos solta a mui groriosa…
El jazend’ assi en ferros e con esposas nas mãos e cada na garganta,
aque ven Santa Maria, a Madre de Jhesu-Cristo, que as prijões quebranta,
e en llas britar mui toste non vos foi y vagarosa,
e disse-ll': «Erge-t’ e vay-te daquesta prijon astrosa».
De muitas guisas los presos solta a mui groriosa…
Enton deitou-ll’ as prijões ao colo e sacó-o ante tod’ aquela gente
que o guardavan, e nunca, pero que o yr viian, non lle disseron niente.
E tiró-o do castelo e disse-lle saborosa-
ment': «A Rocamador vai-te e passa ben per Tolosa.»
De muitas guisas los presos solta a mui groriosa…
E el moveu atan toste e foi-sse quanto ss’ ir pude como ll’ a Santa Reynna
mandara; mas do castelo foron pos el cavaleiros. E el chegou muit’ aga,
ca o non guiou a Virgen per carreira pedragosa
a Rocamador, sa casa, mas per chãa e viçosa.
De muitas guisas los presos solta a mui groriosa…
E pendorou y os ferros logu’ e as outras prijões que ao colo trouxera;
e contou y ant’ os monges e ante toda-las gentes todo como ll’ avera
e como Santa Maria en tira-lo aguçosa
fora, per que mui loada foi porend’ a Preciosa.
De muitas guisas los presos solta a mui groriosa…Non sofre Santa Maria
– 159 –
Como Santa Maria fez descubrir ha posta de carne
que furtaran a us romeus na vila de Rocamador.
Non sofre Santa Maria de seeren perdidosos
os que as sas romarias son de fazer desejosos.
E dest’ oyd’ un miragre de que vos quero falar,
que mostrou Santa Maria, per com’ eu oý contar,
a us romeus que foron a Rocamador orar
como mui bõos crischãos, simplement’ e omildosos.
Non soffre Santa Maria de seeren perdidosos…
E pois entraron no burgo, foron pousada fillar
e mandaron conprar carne e pan pera seu jantar
e vynno; e entre tanto foron aa Virgen rogar
que a seu Fillo rogasse dos seus rogos piadosos
Non soffre Santa Maria de seeren perdidosos…
Por eles e non catasse de como foran errar,
mais que del perdon ouves[s]en de quanto foran peccar.
E pois est’ ouveron feito, tornaron non de vagar
u seu jantar tian, ond’ eran cobiiçosos.
Non soffre Santa Maria de seeren perdidosos…
E mandaran nove postas meter, asse Deus m’ anpar,
na ola, ca tantos eran; mais poi-las foron tirar,
acharon end’ ha menos, que a serventa furtar
lles fora, e foron todos poren ja quanto queixosos.
Non soffre Santa Maria de seeren perdidosos…
E buscaron pela casa pola poderen achar,
chamando Santa Maria que lla quisesse mostrar;
e oyron en un’ arca a posta feridas dar,
e d’ ir alá mui correndo non vos foron vagarosos.
Non soffre Santa Maria de seeren perdidosos…
E fezeron log’ a arca abrir e dentro catar
foron, e viron sa posta dacá e dalá saltar;
e sayron aa rua muitas das gentes chamar,
que viron aquel miragre, que foi dos maravillosos
Non soffre Santa Maria de seeren perdidosos…Que a Virgen groriosa fezess’ en aquel logar.
Des i fillaron a posta e fórona pendorar
per ha corda de seda ant’ o seu santo altar,
loando Santa Maria, que faz miragres fremosos.
Non soffre Santa Maria de seeren perdidosos…
Non sofre Santa Maria
– 159 –
Como Santa Maria fez descubrir ha posta de carne
que furtaran a us romeus na vila de Rocamador.
Non sofre Santa Maria de seeren perdidosos
os que as sas romarias son de fazer desejosos.
E dest’ oyd’ un miragre de que vos quero falar,
que mostrou Santa Maria, per com’ eu oý contar,
a us romeus que foron a Rocamador orar
como mui bõos crischãos, simplement’ e omildosos.
Non soffre Santa Maria de seeren perdidosos…
E pois entraron no burgo, foron pousada fillar
e mandaron conprar carne e pan pera seu jantar
e vynno; e entre tanto foron aa Virgen rogar
que a seu Fillo rogasse dos seus rogos piadosos
Non soffre Santa Maria de seeren perdidosos…
Por eles e non catasse de como foran errar,
mais que del perdon ouves[s]en de quanto foran peccar.
E pois est’ ouveron feito, tornaron non de vagar
u seu jantar tian, ond’ eran cobiiçosos.
Non soffre Santa Maria de seeren perdidosos…
E mandaran nove postas meter, asse Deus m’ anpar,
na ola, ca tantos eran; mais poi-las foron tirar,
acharon end’ ha menos, que a serventa furtar
lles fora, e foron todos poren ja quanto queixosos.
Non soffre Santa Maria de seeren perdidosos…
E buscaron pela casa pola poderen achar,
chamando Santa Maria que lla quisesse mostrar;
e oyron en un’ arca a posta feridas dar,
e d’ ir alá mui correndo non vos foron vagarosos.Non soffre Santa Maria de seeren perdidosos…
E fezeron log’ a arca abrir e dentro catar
foron, e viron sa posta dacá e dalá saltar;
e sayron aa rua muitas das gentes chamar,
que viron aquel miragre, que foi dos maravillosos
Non soffre Santa Maria de seeren perdidosos…
Que a Virgen groriosa fezess’ en aquel logar.
Des i fillaron a posta e fórona pendorar
per ha corda de seda ant’ o seu santo altar,
loando Santa Maria, que faz miragres fremosos.
Non soffre Santa Maria de seeren perdidosos…
A sas figuras muit’ onrrar
– 162 –
Como Santa Maria fez a sa omagen
que mudaran dun altar a outro
que se tornass’ a seu logar onde a tolleran.
A sas figuras muit’ onrrar
devemos da Virgen sen par.
Ca en onrra-las dereit’ é
e en lles avermos gran devoçon,
non ja por elas, a la fe,
mas pola figura da en que son;
e sol non devemos provar
de as trager mal nen viltar.
A sas figuras muit’ onrrar…
E daquesto vos contarey
ora un mui gran miragre que fez
en Canete, per com’ achey
en verdad’, esta Sennor de gran prez
da omagen que comprar
foi un cavaleir’ e y dar
A sas figuras muit’ onrrar…
Na ssa eigreja, que está
fora da vila cabo do portal,
en que grandes vertudes á
que faz esta Sennor espirital.
Porend’ os gollos ficarfoi e pose-a no mayor altar,
A sas figuras muit’ onrrar…
U esteve gran temp’ assi;
e Deus por ela miragres mostrou,
ta que un bispo vo y
de Conca, que a toller en mandou
e põe-l’en outro logar,
porque a non viu de bon semellar.
A sas figuras muit’ onrrar…
Ao crerigo capelan
mandou o bispo aquesto fazer,
e ele logo manaman
foi a omagen do altar toller;
mas en outro dia achar
a foi u x’ ante soya estar.
A sas figuras muit’ onrrar…
Quando o crerig’ esto vyu,
cuidou a pran que o fezer’ alguen,
e por aquesto comediu
que a omagen tornasse poren
u ll’ o bispo fora mandar
e a eigreja fosse ben serrar.
A sas figuras muit’ onrrar…
E ar fez come sabedor
e levou a chave; e pela luz
tornou y, quando o alvor
parecia, e achou ant’ a cruz
a omagen, e amostrar
a foi a quantos ss’ i foran juntar
A sas figuras muit’ onrrar…
Enton polas missas oyr.
E todos deron loor end’ a Deus
e a ela, que sen falir
mostra ali grandes miragres seus,
por que a ven aorar
muitas gentes e do seu ofertar.
A sas figuras muit’ onrrar…Niun poder deste mundo
– 165 ET 395 –
Como Santa Maria de Tortosa d’ Ultramar
defendeu a vila do soldan.
Niun poder deste mundo de gente nada non val
contra o poder da Virgen, ca x’ é tod’ espirital.
En Ultramar dest’ avo miragre grand’ e mui bel
que mostrou Santa Maria, Madre de Deus Manuel,
a un soldan poderoso, porque era mui cruel
e porend’ aos crischãos desamava mais que al.
Niun poder deste mundo de gente nada non val
contra o poder da Virgen, ca x’ é tod’ espirital.
A este soldan chamavan per seu nome Bondoudar,
que Egito e Alapa avia a seu mandar
e Domas e a Camela; e porende guerrejar
queria sempr’ a crischãos e fazer-lles muito mal.
Niun poder deste mundo de gente nada non val
contra o poder da Virgen, ca x’ é tod’ espirital.
Este seus omes tragia con crischãos toda vez
por saber mais sa fazend’, e un deles saber-lle fez
que, sse fillasse Tortosa, gãaria y gran prez,
demais quen lla defendesse non avia tal nen qual.
Niun poder deste mundo de gente nada non val
contra o poder da Virgen, ca x’ é tod’ espirital.
Log’ o soldan con grand’ oste moveu,’quand’ aquest’ oyu,
e mui preto de Tortosa en [un] outeiro sobyu,
e parou mentes na vila, e tan pouca gent’ y viu
que teve que aquel mouro non lle fora mentiral.
Niun poder deste mundo de gente nada non val
contra o poder da Virgen, ca x’ é tod’ espirital.
Quand’ a gente de Tortosa viron atan gran poder
de mouros vir sobr’ eles, cuidaron mortos seer;
e foron-ss’ aa eigreja sas orações fazer,
dizend': «Ai, Santa Maria, pois ta mercee non fal
Niun poder deste mundo de gente nada non val
contra o poder da Virgen, ca x’ é tod’ espirital.
A quantos que a demandan, vel a nos que somos teus,
guarda-nos que non caiamos en poder destes encreusque per nulla ren non creen que tu es Madre de Deus;
e porend’ en este feito mostra algun gran sinal.»
Niun poder deste mundo de gente nada non val
contra o poder da Virgen, ca x’ é tod’ espirital.
Pois ssa oraçon fezeron, per quant’ end’ eu aprendi,
contaron-se quantos eran, mais poucos s’ acharon y.
Enton a mui grandes vozes todos disseron assi:
«Sennor, se nos non acorres, preit’ é mui descomal.»
Niun poder deste mundo de gente nada non val
contra o poder da Virgen, ca x’ é tod’ espirital.
O soldan log’ outro dia sas gentes armar mandou
pera fillaren a vila, mas non foi com’ el cuidou;
ca pois sse chegou a ela, tal gente lle semellou
que estava alá dentro, que non ficava portal
Niun poder deste mundo de gente nada non val
contra o poder da Virgen, ca x’ é tod’ espirital.
Nen torre nen barvacãa nen muro per nulla ren
u gente muita non fosse, armados todos mui ben.
Quando viu o soldan esto, teve-sse por de mal sen,
e chamou porend’ o mouro: «Mao, falsso, mentiral,
Niun poder deste mundo de gente nada non val
contra o poder da Virgen, ca x’ é tod’ espirital.
Di, e porqué me feziste con mia ost’ aqui vir,
dizendo que esta vila non sse podia bastir
d’ omes d’ armas, de maneira que me podesse guarir,
e, eu vejo-a bastida como non vi outra tal?»
Niun poder deste mundo de gente nada non val
contra o poder da Virgen, ca x’ é tod’ espirital.
O mouro, con mui gran medo, lle respos esta razon:
«Sennor, quanto vos eu dixe verdad’ [éste] e al non;
mas tod’ estes cavaleiros, vedes que dos Ceos son,
ca chus brancos son e craros que é neve nen cristal.»
Niun poder deste mundo de gente nada non val
contra o poder da Virgen, ca x’ é tod’ espirital.
Enton o soldan lle disse: «E que buscaron acá?»
Diss’ o mouro: « Per mandado da Virgen, Madre d’Içá,
veron, que un’ eigreja dentro ena vila á,
que está preto dos muros da parte do aral.»
Niun poder deste mundo de gente nada non val
contra o poder da Virgen, ca x’ é tod’ espirital.O soldan diss’ ao mouro: «Eno Alcoran achey
que Santa Maria virgen foi sempr'; e pois esto sey,
guerra per nulla maneira con ela non fillarey,
e daqui me torno logo, e fas tange-lo tabal.»
Niun poder deste mundo de gente nada non val
contra o poder da Virgen, ca x’ é tod’ espirital.
E quand’ aquest’ ouve dito, foi-sse logo manaman,
e desta guisa sa vila guardou a do bon talan;
mas ante que ss’ en partisse, deu y grand’ alg’ o soldan
por amor da Virgen santa, Reynna celestial.
Niun poder deste mundo de gente nada non val
contra o poder da Virgen, ca x’ é tod’ espirital.
Como poden per sas culpas
– 166 –
Esta [é] como Santa Maria guareceu un ome que era tolleito
do corpo e dos nenbros, na sa eigreja en Salas.
Como poden per sas culpas os omes seer contreitos,
assi poden pela Virgen depois seer sãos feitos.
Ond’ avo a un ome, por pecados que fezera,
que foi tolleito dos nenbros da door que ouvera,
e durou assi cinc’ anos que mover-se non podera,
assi avia os nenbros todos do corpo maltreitos.
Como poden per sas culpas os omes seer contreitos…
Con esta enfermidade atan grande que avia
prometeu que, se guarisse, a Salas logo irya
e ha livra de cera cad’ ano ll’ ofereria;
e atan toste foi são, que non ouv’ y outros preitos.
Como poden per sas culpas os omes seer contreitos…
E foi-sse logo a Salas, que sol non tardou niente,
e levou sigo a livra da cera de bõa mente;
e ya muy ledo, como quen sse sen niun mal sente,
pero tan gran tenp’ ouvera os pes d’ andar desafeitos.
Como poden per sas culpas os omes seer contreitos…
Daquest’ a Santa Maria deron graças e loores,porque livra os doentes de maes e de doores
e demais está rogando senpre por nos pecadores;
e poren devemos todos sempre seer seus sogeitos.
Como poden per sas culpas os omes seer contreitos…
Quen quer que na Virgen fia
– 167 –
Esta é como ha moura levou seu fillo morto a Santa Maria de Salas, e ressucitou-llo.
Quen quer que na Virgen fia e a roga de femença,
valer-ll-á, pero que seja d’ outra lee en creença.
Desta razon fez miragre Santa Maria, fremoso,
de Salas, por ha moura de Borja, e piadoso,
ea un fillo que avia, que criava, mui viçoso,
lle morrera mui coitado da [muy] forte doença.
Quen quer que na Virgen fia e a roga de femença…
Ela, con coita do fillo, que fezesse non sabia,
e viu como as crischãas yan a Santa Maria
de Salas, e dos miragres oyu que ela fazia,
e de fiar-sse na Virgen fillou mui grand’ atrevença;
Quen quer que na Virgen fia e a roga de femença…
E comendou-ll’ o menynno e guisou ssa offerenda.
Mais las mouras sobr’ aquesto lle davan mui gran contenda;
mais ela lles diss': «Amigas, se Deus me de mal defenda,
a mia esperança creo que vossa perfia vença.
Quen quer que na Virgen fia e a roga de femença…
Ca eu levarei meu fillo a Salas desta vegada
con ssa omagen de cera, que ja lle tenno conprada,
e velarei na eigreja da mui benaventurada
Santa Maria, e tenno que de mia coita se sença.»
Quen quer que na Virgen fia e a roga de femença…
E moveu e foi-sse logo, que non quis tardar niente,
e levou seu fillo morto, maravillando-ss’ a gente;
e pois que chegou a Salas, diss’ aa Virgen: «Se non mente
ta lee, dá-me meu fillo, e farey tig’ avença.»
Quen quer que na Virgen fia e a roga de femença…Ha noite tod’ enteira velou assi a mesquynna;
mas, que fez Santa Maria, a piadosa Reynna?
ressucitou-lle seu fillo, e esto foi muit’ aga;
ca a ssa mui gran vertude passa per toda sabença.
Quen quer que na Virgen fia e a roga de femença…
Quand’ aquesto viu a moura, ouv’ en maravilla fera,
ca ja tres dias avia que o fillo mort’ ouvera;
e tornou logo crischãa, pois viu que llo vivo dera
Santa Maria e sempre a ouv’ en gran reverença.
Quen quer que na Virgen fia e a roga de femença…
A que por nos salvar
– 169 –
Esta é dun miragre que fezo Santa Maria por ha sa eigreja
que é ena Arreixaca de Murça,
de como foron mouros acordados de a destroir e nunca o acabaron.
A que por nos salvar
fezo Deus Madr’ e Filla,
se sse de nos onrrar
quer non é maravilla.
E daquest’ un miragre direi grande, que vi
des que mi Deus deu Murça, e oý outrossi
dizer a muitos mouros que moravan ant’ y
e tian a terra por nossa pecadilla,
A que por nos salvar…
Da eigrej’ antiga, de que sempr’ acordar
s’ yan, que ali fora da Rea sen par
dentro na Arreixaca, e yan y orar
genoeses, pisãos e outros de Cezilla.
A que por nos salvar…
E davan sas ofertas, e se de coraçon
aa Virgen rogavan, logo sa oraçon
deles era oyda, e sempre d’ oqueijon
e de mal os guardava; ca o que ela filla
A que por nos salvar…
Por guardar, é guardado. E porende poder
non ouveron os mouros per ren de mal fazeren aquel logar santo, nen de o en toller,
macar que xo, tian ensserrad’ en sa pilla.
A que por nos salvar…
E pero muitas vezes me rogavan poren
que o fazer mandasse, mostrando-mi que ben
era que o fezesse, depois per nulla ren,
macar llo acordaron, non valeu ha billa.
A que por nos salvar…
E depois a gran tempo avo outra vez,
quand’ el Rei d’ Aragon, Don James de gran prez,
a eigreja da See da gran mezquita fez,
quando ss’ alçaron mouros des Murç’ ata Sevilla;
A que por nos salvar…
Que enton a Aljama lle veron pedir
que aquela eigreja fezessen destroir
que n’ Arraixaca era; e macar consentir
o foi el, non poderon nen tanger en cravilla.
A que por nos salvar…
Depo[i]s aquest’ avo, que fui a Murça eu,
e o mais d’ Arreixaca a Aljama mi deu
que tolless’ a eigreja d’ ontr’ eles; mas mui greu
me foi, pa era toda de novo pintadilla.
A que por nos salvar…
Poren muit’ a envidos enton llo outorguei,
e toda a Aljama foi ao mouro rei
que o fazer mandasse; mas diss’ el: «Non farei,
ca os que Mariame desama, mal os trilla.
A que por nos salvar…
Depois, quand’ Aboyuçaf, o sennor de Çalé,
passou con mui gran gente, aquesto verdad’ é
que cuidaron os mouros, por eixalçar ssa fe,
gãar Murça per arte. Mais sa falss’ armadilla
A que por nos salvar…
Desfez a Virgen santa, que os ende sacou,
que ena Arraixaca poucos deles leixou;
e a sua eigreja assi deles livrou,
ca os que mal quer ela, ben assi os eixilla.A que por nos salvar…
E porend’ a eigreja sua quita é ja,
que nunca Mafomete poder y averá;
ca a conquereu ela e demais conquerrá
Espanna e Marrocos, e Ceta e Arcilla.
A que por nos salvar…
Tantas en Santa Maria
– 173 –
Como Santa Maria de Salas guareceu u ome
que avia a door que chaman da pedra.
Tantas en Santa Maria son mercees e bondades,
que sãar pod’ os coitados de todas enfermidades.
Dest’ avo un miragre, per com’ eu oý dizer
a muitos omes bõos e que eran de creer,
que mostrou, Santa Maria por un seu serv’ acorrer;
onde gran torto faredes, se me ben non ascuitades.
Tantas en Santa Maria son mercees e bondades…
Est’ ome d’ Aragon era, e avia tan gran mal
de pedra, que en gran coita era con ela mortal;
que comer sol non podia nen dormir nen fazer al
senon chamar senpr’ a Virgen, a Sennor das piadades.
Tantas en Santa Maria son mercees e bondades…
A muitos fisicos fora, mas non lle prestaran ren;
porend’ en Santa Maria sa voontad’ e seu sen
posera. E log’ a Salas se foi rogar a que ten
o mund’en seu mandamento, que non catass’ as maldades
Tantas en Santa Maria son mercees e bondades…
E que esto non dissesse a outri, mas ssa carreira
se foss’. E el espertou-sse enton e achou enteira
a pedra sigo na cama, tan grande que verdadeira-
ment’ era come castanna, esto de certo sabiades.
Tantas en Santa Maria son mercees e bondades…
Enton el a Virgen muito loou. E nos a loemos
por este tan gran miragre, e gran dereito faremos,
ca sempr’ ela nos acorre enas coitas que avemos,ca a ssa gran lealdade passa todas lealdades.
Tantas en Santa Maria son mercees e bondades…
Como aa Virgen pesa
– 174 –
Como un cavaleiro servia Santa [Maria],
e avo-lle que jugou os dados,
e porque perdeu dostou Santa Maria;
e arrepentiu-sse depois,
e do pesar que ende ouve tallou a lingua;
e sãó-lla Santa Maria, e falou depois muy ben.
Como aa Virgen pesa de quen erra a ciente,
outrossi ar praz-lle muito de quen ss’ ende ben repente.
Onde a un cavaleiro avo que muit’ amava
Santa Maria e sempre a ela s’ acomendava;
mais foi assi que un dia con outro dados jogava,
e porque perdeu a eles, descreeu mui feramente.
Como aa Virgen pesa de quen erra a ciente…
Como quer que el disses[s]e contra Deus muita folia,
mais de mal diss’ essa ora da Virgen Santa Maria.
E pois l’ ouve dito, logo sayu da tafuraria
e fillou-ss’ a chorar muito, como ome que sse sente
Como aa Virgen pesa de quen erra a ciente…
De grand’ erro que á feito. E mui de rrijo chorando
des i sacou seu cuitelo e estev’ assi tallando
sa lingua, con que a Virgen severa mal dostando.
Mas tan gran door end’ ouve, que sse sayu d’ontr’ a gente
Como aa Virgen pesa de quen erra a ciente…
E foi pera ssa pousada con gran door mui coitado;
e jouv’ assi vel tres dias mui maltreit’ e lazerado,
rogando Santa Maria na mente que seu pecado
que dissera lle pa[r]cisse, ca el era seu sergente.
Como aa Virgen pesa de quen erra a ciente…
E ele assi rogando, adormeceu muit’ aga,
e viu enton en dormindo a Virgen santa, Rea,
que ll’ en aquela gran coita pos logo ssa meeza,
que lle pareceu mais crara que o sol en ouriente.Como aa Virgen pesa de quen erra a ciente…
E disse-ll’ enton: «Mesquo, macar mal me dostaste,
muit’ ei eu de ti gran doo de que ta lingua tallaste;
mais sãar-t-ei ora dela, porque en mi confiaste,
ca dereito de ssi grande dá aquel que sse desmente;
Como aa Virgen pesa de quen erra a ciente…
E porque te repentiste, sãar-t-ei ora de chão.»
E enton Santa Maria pos-lle na boca a mão
e sãou-o ben da lingua, e el achousse tan são,
que nunca pois lle dolveron boca nen lingua nen dente.
Como aa Virgen pesa de quen erra a ciente…
E el loou muit’ a Virgen; e nos demos-lle loores,
que nos acorre nas coitas macar somos pecadores,
e nos pesar lle fazendo, faz-nos ela sempr’ amores
e dá-nos ben de seu Fillo, Deus Padre omnipotente.
Como aa Virgen pesa de quen erra a ciente…
Non vos é gran maravilla
– 177 –
Esta é do que tiraron os ollos, que sãou Santa Maria de Salas e viu ben.
Non vos é gran maravilla de lum’ ao cego dar
a que con Deus, que é lume, sé no ceo par a par.
Ca pois ela enos ceos sé con Deus e sa Madr’ é,
da graça que del recebe mui guisad’ é que nos dé;
poren dar lum’ ao cego rafece ll’ é, a la fe;
e desto un gran miragre vos quer’ eu ora contar.
Non vos é gran maravilla de lum’ ao cego dar…
En Aragon foi un home bõo e que grand’ amor
aa Virgen sempr’ avia, outrossi a seu sennor
servia mui lealmente; mas un falsso mezcrador
atant’ andou revolvendo, que o foi con el mezcrar.
Non vos é gran maravilla de lum’ ao cego dar…
Tanto lle disse mal dele e tan forte o mezcrou,
que o sennor, con gran sanna, verdade non preguntou,
mai-los ollos da cabeça ambos tirar-llos mandou,cuidando que del por esto non se podia vengar.
Non vos é gran maravilla de lum’ ao cego dar…
E pois ll’ os ollos tiraron, aquel bon ome, que fez?
Pidiu-os; e pois llos deron, aa Reynna de prez
s’ acomendou e mandou-se logo levar dessa vez
a cas dun celorgião, e começou-ll’ a rogar
Non vos é gran maravilla de lum’ ao cego dar…
Que lle seus ollos tornas[s]e, ca ben fiava por Deus
e pola Virgen, sa Madre, que sempr’ acorr’ aos seus.
Diss’ ele: «Ca eu ben cuido aynda veer destes meus,
se esto que me sacaron podedes dentro tornar.»
Non vos é gran maravilla de lum’ ao cego dar…
Enton o celorgião tornou-llos, e logu’ enton
el sse volveu contra Salas, rogando de coraçon
a Virgen Santa Maria que o sãasse e non
catass’ aos seus pecados. E ela o fez sãar
Non vos é gran maravilla de lum’ ao cego dar…
Logo, que non parecia du llos tiraran sinal,
ante cuidavan ben todos que non ouvera en mal.
Poren loaron a Virgen que aos seus nunca fal,
e el omagen de cera pos log’ ant’ o seu altar.
Non vos é gran maravilla de lum’ ao cego dar…
A que faz o ome morto
– 178 –
Esta é dun meno de Alcaraz a que seu padre dera ha muleta, e morreu-lle; e
encomendou-a a Santa Maria de Salas, e levantou-sse sãa.
A que faz o ome morto resurgir sen nulla falla,
ben pode fazer que viva outra morta animalla.
Desto mostrou, un miragre a Madre do Salvador,
mui grande, por un meno que fillo dun lavrador
era; e poi-lo oyrdes, averedes en sabor
e loaredes a Virgen que senpre por nos traballa.
A que faz o ome morto resorgir sen nulla falla…
Ao lavrador nacera muleta, com’ aprix eu,en ssa casa, fremosa, que log’ a seu fillo deu,
e faagando-o muito, dizendo: «Este don teu
seja daquesta muleta, e dar-te-ll-ei org’ e palla.»
A que faz o ome morto resorgir sen nulla falla…
O moço creeu aquesto e prougue-lle daquel don,
e penssou ben da muleta quanto pude des enton;
mas ha noite morreu-lle, e por aquesta razon
levou o padre seu fillo por non saber nemigalla
A que faz o ome morto resorgir sen nulla falla…
Ao ero u lavrava. Mas la madre, que ficou
na casa, aquela mua morta logo a fillou
e chamou un seu colaço e esfola-la mandou,
cuidando aver do coiro cinco soldos e mealla.
A que faz o ome morto resorgir sen nulla falla…
Eles en esto estando, o lavrador foi chegar
do ero, e o menynno, viu ssa mua esfolar
e diss’ a mui grandes vozes: «Leixad’ a mua estar,
ca eu a dei ja a Salas, e ben tenno que me valla.»
A que faz o ome morto resorgir sen nulla falla…
A muleta ja avia ambo-los pees de tras
esfolados, e a madre diss’ a seu fillo: «Ben ás
sen de meno, que cousa morta aa Virgen dás,
ca tant’ é aquesto como non lle dares nemigalla.»
A que faz o ome morto resorgir sen nulla falla…
Por quanto ela dizia o menyno non deu ren,
mas decingeu log’ cinta e a mua mediu ben,
e fez estadal per ela que ardess’ ant’ a que ten
voz ante Deus dos culpados e cono demo baralla.
A que faz o ome morto resorgir sen nulla falla…
O estadal enviado, e a muleta viveo.
Quand’ esto viu o meno, gran prazer en recebeo
e deu-ll’ enton que comesse, e a muleta comeo,
loando todos a Virgen, a que Deus deu avantalla
A que faz o ome morto resorgir sen nulla falla…
Sobre todos outros santos. Poren roguemos-ll’ atal
que nos guard’ en este mundo d’ ocajon e d’ outro mal
e que nos dé eno outro a vida esperital,
e que brite o diabo, que sempr’ é nossa contralla.
A que faz o ome morto resorgir sen nulla falla…Ben sab’ a
– 179 –
Como ha moller que era contreyta de todo o corpo
se fez levar a Santa Maria de Salas e foi logo guarida.
Ben sab’ a que pod’ e val
fisica celestial.
Ca de seu Fill’ á sabuda
fisica muit’ asconduda,
con que nos sempre ajuda
e nos tolle todo mal.
Ben sab’ a que pod’ e val
fisica celestial.
Esta Sennor de mesura
fisica sobre natura
mostrou e quis aver cura
da moller, direi qual,
Ben sab’ a que pod’ e val
fisica celestial.
Que era toda tolleita
e das pernas encolleita;
mas ela a fez dereita,
ca ssa fisica non fal.
Ben sab’ a que pod’ e val
fisica celestial.
Esta tia premudos
os talões e metudos
nas res e aprendudos
ben como pedra con cal.
Ben sab’ a que pod’ e val
fisica celestial.
Con este mal que sofria
a Salas en romaria
de Molina sse fazia
levar, ea d’ i natural
Ben sab’ a que pod’ e val
fisica celestial.Era. E pois na eigreja
foi da que beita seja,
gran maravilla sobeja
mostrou a Sennor leal.
Ben sab’ a que pod’ e val
fisica celestial.
Ca mentr’ a missa cantavan
en que a Virgen loavan,
os nervios ll’ assi sõavan
como carr’ en pedregal.
Ben sab’ a que pod’ e val
fisica celestial.
Assi que sse ll’ estendendo
foron e desencollendo,
e levantou-sse correndo
e sayu-ss’ ao portal,
Ben sab’ a que pod’ e val
fisica celestial.
Loando a Groriosa,
que é Sennor poderosa,
que lle foi tan piadosa
con saber esperital.
Ben sab’ a que pod’ e val
fisica celestial.
Vella e Mina,
– 180 –
Esta é de loor de Santa Maria.
Vella e Mina,
Madr’ e Donzela,
Pobre e Reynna,
Don’ e Ancela.
Desta guisa deve Santa Maria
seer loada, ca Deus lle quis dar
todas estas cousas por melloria,
porque lle nunca ja achassen par;
e por aquesto assi a loar
deviamos senpre, ca por nos vela.Vella e Mina,
Madr’ e Donzela,
Pobre e Reynna,
Don’ e Ancela.
Ca Vella é, segund’ a profecia
que Salamon foi dela profetar,
que ante do mundo foi todavia
criada, e que nunc’ á de minguar
o seu gran ben; e porend’ encarnar
quis Deus en ela, que todo caudela.
Vella e Mina,
Madr’ e Donzela,
Pobre e Reynna,
Don’ e Ancela.
E tod’ ome Men a devia
en todo tempo per razon chamar,
pois en bondade crece cada dia
e en beldade, de que sse pagar
foi tanto Deus, que por ela salvar
deceu no mundo da sa alta sela.
Vella e Mina,
Madr’ e Donzela,
Pobre e Reynna,
Don’ e Ancela.
Con razon nossa Madr’ é que nos cria
e sempre punna de mal nos guardar,
e criou Deus, que a criad’ avia,
que foi seu Fill’ e ouve de criar,
que por nos foi o iferno britar
e o dem’ e toda ssa alcavela.
Vella e Mina,
Madr’ e Donzela,
Pobre e Reynna,
Don’ e Ancela.
De como é Donzela, Ysaýa
en sas profecias o foi mostrar,
u disse que virgen conceberia
e parria om’ e Deus, sen dultar,
o que nos fez Paraiso cobrar
que perdemos per Eva a mesela.
Vella e Mina,
Madr’ e Donzela,
Pobre e Reynna,
Don’ e Ancela.Como foi Pobre, queno osmaria,
a que seu Fillo Deus ya deitar
no preseve, ca aver non podia
un pano en que o envurullar
senon sa touca, ca eno logar
sol non acharon y h’ almocela?
Vella e Mina,
Madr’ e Donzela,
Pobre e Reynna,
Don’ e Ancela.
Por Reynna tod’ ome a terria
que a visse a seu Fillo levar
daqueste mund’, e sigo a sobia
ao ceo, u ssé con el a par
e guia-nos com’ Estrela do Mar;
poren dizemos: «Ave maris stela.»
Vella e Mina,
Madr’ e Donzela,
Pobre e Reynna,
Don’ e Ancela.
Outra Dona seer non poderia
atal com’ esta, ca Deus foi juntar
en ela prez e sen e cortesia
e santidade, u mercee achar
pode tod’ ome que a demandar;
e con tod’ esto, nunca nos revela.
Vella e Mina,
Madr’ e Donzela,
Pobre e Reynna,
Don’ e Ancela.
Ancela se chamou u lle dizia
o angeo Gabriel que fillar
Deus en ela carne d’ ome verria,
e como serva se foi omildar
u lle disse: «Farei quant’ el mandar.»
E log’ ali fez Deus ssa cela.
Vella e Mina,
Madr’ e Donzela,
Pobre e Reynna,
Don’ e Ancela.
Poren lle rogo que quer’ amparar
a mi de mal, e Leon e Castela.
Vella e Mina,Madr’ e Donzela,
Pobre e Reynna,
Don’ e Ancela.
Pesar á Santa Maria
– 183 –
Esta é dun miragre que mostrou Santa Maria en Faaron quando era de mouros.
Pesar á Santa Maria de quen por desonrra faz
dela mal a ssa omagen, e caomia-llo assaz.
Desto direi un miragre que fezo en Faaron
a Virgen Santa Maria en tenpo d’ Aben Mafon,
que o reino do Algarve ti’ aquela sazon
a guisa d’ om’ esforçado, quer en guerra, quer en paz.
Pesar á Santa Maria de quen por desonrra faz…
En aquel castel’ avia omagen, com’ apres’ ei
da Virgen mui groriosa, feita como vos direi
de pedra ben fegurada, e, com’ eu de cert’ achei,
na riba do mar estava escontra ele de faz.
Pesar á Santa Maria de quen por desonrra faz…
Ben do tempo dos crischãos a sabian y estar,
e porende os cativos a yan sempr’ aorar,
e Santa Mari’ a vila de Faaron nomar
por aquesta razon foron. Mas o poboo malvaz
Pesar á Santa Maria de quen por desonrra faz…
Dos mouros que y avia ouveron gran pesar en,
e eno mar a deitaron sannudos con gran desden;
mas gran miragre sobr’ esto mostrou a Virgen que ten
o mund’ en seu mandamento, a que soberva despraz.
Pesar á Santa Maria de quen por desonrra faz…
Ca fez que niun pescado nunca poderon prender
enquant’ aquela omagen no mar leixaron jazer.
Os mouros, pois viron esto, fórona dali erger
e posérona no muro ontr’ as amas en az.
Pesar á Santa Maria de quen por desonrra faz…
Des i tan muito pescado ouveron des enton y,
que nunca tant’ y ouveran, per com’ a mouros oýdizer e aos crischãos que o contaron a mi;
poren loemos a Virgen en que tanto de ben jaz.
Pesar á Santa Maria de quen por desonrra faz…
A Madre de Deus
– 184 –
Esta é como Santa Maria livrou de morte u menynno
que jazia no ventre da madre, a que deran ha cuitelada pelo costado.
A Madre de Deus
tant’ á en ssi gran vertude,
per que aos seus
acorre e dá saude.
E de tal razon com’ esta un miragre mui fremoso
vos direi que fez a Virgen, Madre do Rei Poderoso,
en terra de Santiago, en un logar montannoso,
[hu] ha moller morava que era prenn’ ameude
A Madre de Deus
tant’ á en ssi gran vertude,
per que aos seus
acorre e dá saude.
De seu marido; mais ela, polas ss[u]as pecadillas,
quantos les nunca nacian, assi fillos come fillas,
todos lle morrian logo; mais das s[u]as maravillas
mostrou [y] Santa Maria, que sobrelos seus recude.
A Madre de Deus
tant’ á en ssi gran vertude,
per que aos seus
acorre e dá saude.
Ela con pavor daquesto, e de que era prennada
encomendou aa Virgen, a Madre de Deus onrrada,
que ela que a guardasse que non foss’ acajõada,
dizendo: «Dá-me meu fillo, que ben a viver m’ ajude.»
A Madre de Deus
tant’ á en ssi gran vertude,
per que aos seus
acorre e dá saude.
Ela aquesto fazendo, o demo cho d’ enveja
aguisou que seu marido ouve con outros peleja,
e deron-ll’ ha ferida pelos peitos tan sobejaque morreu, ca assi faze quen non á queno [e]scude.
A Madre de Deus
tant’ á en ssi gran vertude,
per que aos seus
acorre e dá saude.
Ela que viu o marido [a] que chagavan de morte,
foi-sse-lle deitar de suso; e deron-ll’ enton tan forte
ferida pelo costado que morreu, tal foi sa sorte.
Mai-lo fillo pela chaga sayu, [que] mester engrude
A Madre de Deus
tant’ á en ssi gran vertude,
per que aos seus
acorre e dá saude.
Avia pera sa chaga que na face lle ficara
que ll’ o cuitelo fezera que a ssa madre matara.
Mais quiso Santa Maria, a que o [en]comendara
sa madre, que non morresse nen foss’ el en [a]taude.
A Madre de Deus
tant’ á en ssi gran vertude,
per que aos seus
acorre e dá saude.
Ante quiso que vivesse crecess’ e sse criasse,
e sempre reconnocesse a Virgen e a loasse,
e o sinal parecesse da chaga, per que provasse
este feito [e] que sempre om’ en ssa loor [e]stude.
A Madre de Deus
tant’ á en ssi gran vertude,
per que aos seus
acorre e dá saude.
Quen na Virgen
– 186 –
Esta é como Santa Maria guardou ha moller do fogo, a que querian queimar.
Quen na Virgen santa muito fiará,
se o vir en coita, acorre-lo-á.
E dest’ un miragre quero retraer
que Santa Maria fez por acorrer
a ha dona que ouvera d’ arder
se lle non valesse la que poder á.Quen na Virgen santa muito fiará…
Aquesta dona casada era ben
con marido que amava mais d’ al ren,
e en Santa Maria todo seu sen
avia ena servir por sempre ja.
Quen na Virgen santa muito fiará…
O marido a amava mui mais d’ al;
mais ssa sogra lle queria tan gran mal,
per que lle buscou morte descomal,
como vos per mi ora dito será.
Quen na Virgen santa muito fiará…
E un dia que dormindo a achou
soa, a un seu mouro logo mandou
deitar-sse con ela; e pois se deitou,
foi a seu fillo e disse: «Ven acá;
Quen na Virgen santa muito fiará…
A ta moller que amavas mais ca ti,
se a visses como a ora eu vi
ter un mour’ en seu leito cabo si,
ben tenno que muito ch’ ende pesará.»
Quen na Virgen santa muito fiará…
Quand’ el est’ oyu, ouv’ en mui gran pesar;
e a madre pela mão o fillar
foi, e des i levó-o ao logar
e disse-lle: «Ves ta moller com’ está!»
Quen na Virgen santa muito fiará…
E el mata-la quisera log’ enton,
mais la madre lle disse: «Non faças, non;
mais aa jostiça mostra ta razon,
e veerás que dereito che dará.»
Quen na Virgen santa muito fiará…
El foi e a jostiça fezo vir
e outros muitos con ele, sen mentir;
e viron a dona no leito dormir
e o mouro, e disseron: «Que será
Quen na Virgen santa muito fiará…Daquesta moller que tan gran torto fez,
que desconnoceu Deus e o mund’ e prez,
que fez feito mao, vil e tan rafez?
E por aquesto no fogo arderá,
Quen na Virgen santa muito fiará…
Ca dereit’ é». E, per com’ end’ aprix eu,
fillaron a dona, que lle foi mui greu
quando sse viu presa con aquel encreu
e diss': «Ai, Sennor, val-me, ca mester m’ á,
Quen na Virgen santa muito fiará…
Santa Maria Virgen, se te prouguer,
ca en mayor coita nunca foi moller;
e poren tenno que quen en ti crever
que nunca en ta mercee falirá.»
Quen na Virgen santa muito fiará…
E dizend’ aquesto, logo manaman
levaron a don’ a ha praça gran,
outrossi o mouro, que era ben tan
negro come pez. E as gentes alá
Quen na Virgen santa muito fiará…
Foron mui corrend’, e tod’ en derredor
lles poseron fogo, non vistes mayor;
e ardeu o mouro falsso traedor,
mais ficou a dona como quen está
Quen na Virgen santa muito fiará…
Dentr’ en ha casa, que nunca sentiu
ren daquele fogo. E a gente viu
cabo dela outra, e falar oyu,
que depois non viron alá nen acá.
Quen na Virgen santa muito fiará…
E daquesta guisa o mouro ardeu
que niun sinal sol del non pareceu;
e a dona do fogo remãeceu
salva per aquela que nos salvará.
Quen na Virgen santa muito fiará…
E pois foi del fora, a dona fiel
contou que a Madre de Deus Manuel
a livrara dele, e miragre belfez aquela que muitos outros fará.
Quen na Virgen santa muito fiará…
Ben pode Santa Maria
– 189 –
Esta é como un ome que ya a Santa Maria de Salas achou un dragon
na carreira e mató-o, e el ficou gafo de poçon,
e pois sãou-o Santa Maria.
Ben pode Santa Maria guarir de toda poçon,
pois madr’ é do que trillou o basilisqu’ e o dragon.
Dest’ avo un miragre a un ome de Valença que ya en romaria
a Salas soo senlleiro, ca muit’ ele confiava na Virgen Santa Maria;
mas foi errar o camynno, e anoiteceu-ll’ enton
per u ya en un monte, e viu d’estranna faiçon
Ben pode Santa Maria guarir de toda poçon…
A ssi vir ha bescha come dragon toda feita, de que foi muit’espantado;
pero non fugiu ant’ ela, ca med’ ouve se fogisse que seria acalçado;
e aa Virgen beita fez logo ssa oraçon
que o guardasse de morte e de dan’ e d’ ocajon.
Ben pode Santa Maria guarir de toda poçon…
A oraçon acabada, colleu en ssi grand’ esforço e foi aa bescha logo
e deu-ll’ ha espadada con seu espadarron vello, que a tallou per meogo,
assi que en duas partes lle fendeu o coraçon;
mas ficou enpoçõado dela des essa sazon.
Ben pode Santa Maria guarir de toda poçon…
Ca o poçon saltou dela e feriu-o eno rosto, e outrossi fez o bafo
que lle saya da boca, assi que a poucos dias tornou atal come gafo;
e pos en ssa voontade de non fazer al senon
yr log’ a Santa Maria romeiro con seu bordon.
Ben pode Santa Maria guarir de toda poçon…
Aquesto fez el muy cedo e meteu-ss’ ao camo con seu bordon ena mão;
e des que chegou a Salas chorou ant’ o altar muito, e tan toste tornou são.
E logo os da eigreja loaron con procisson
a Virgen, que aquel ome guariu de tan gran lijon.
Ben pode Santa Maria guarir de toda poçon…Pouco devemos preçar
– 190 –
Esta é de loor.
o demo, se Deus m’ anpar,
pois nos a Virgen guardar,
que nos caudela;
pois no-la Virgen guardar.
Muito faremos mal sen
se o temermos de ren,
pois no-la Virgen manten,
que nos caudela;
pois no-la Virgen manten.
Ca seu poder pouco val,
pois nos guarda de seu mal
a Virgen espirital,
que nos caudela;
a Virgen esperital.
Seu saber pouco nos nuz,
pois é nossa lum’ e luz
a que viu seu Fill’ en cruz,
que nos caudela;
a que viu seu Fill’ en cruz.
Nono devemos creer
nen por ele mal fazer,
pois nos a Virgen valer,
que nos caudela;
pois nos a Virgen valer.
Seu engano nada é,
pois por nos ante Deus sé
a en que ficou a fe,
que nos caudela;
[a en que ficon a fe.]
Muitas vegadas
– 192 –
Como Santa Maria livrou u mouro
a que queria fillar o demo,
e feze-o tornarcrischão.Muitas vegadas o dem’ enganados
ten os omes, porque lles faz creer
muitas sandeces; e taes pecados
desfaz a Virgen por seu gran saber.
E desto contado
vos será per mi
miragr’ e mostrado
quant’ end’ aprendi,
fremos’ aficado,
e ben ascuitado
será, per meu grado,
e dev’ a seer,
que o muit’ onrrado
Deus, e acabado
pola de que nado
foi, quiso fazer.
Muitas vegadas o dem’ enganados…
En Conssogr’ avia
un bon om’ atal
que Santa Maria
amava mais d’ al,
e mui gran perfia
por ela prendia
sempre cada dia,
com’ oý dizer,
con un d’ Almaria
mouro, que dizia
que ren non valia
o seu gran poder.
Muitas vegadas o dem’ enganados…
Aqueste mour’ era
daquel om’ e seu
cativo, e fera-
ment’ era encreu;
e ja o quisera
de grad’ e fezera
crischão e dera
lle de seu aver.
Mais non podera,
macar lo dissera,
con el, ca tevera
sempr’ en descreer
Muitas vegadas o dem’ enganados…
Ena Groriosa,
e a razõarmal e soberviosa-
ment’ e desdennar
que era ‘ng[an]osa
muit’ e mentirosa
sa fe e dultoa
e sen prol ter;
e tal revoltosa
cous’ e enbargosa
e d’ oir nojosa
non é de caber.
Muitas vegadas o dem’ enganados…
O om’ entendudo
foi e de bon sen
e apercebudo
de guardar mui ben
o mouro barvudo,
falss’ e descreudo;
e come sisudo
o mandou meter
en logar sabudo
d’ aljub’ ascondudo,
e dentr’ estendudo
o fezo jazer.
Muitas vegadas o dem’ enganados…
El ali jazendo,
o demo chegou,
e logo correndo
en ele travou;
mais defendendo
ss’ o mour’ e tremendo
muit’ e contendendo,
ll’ o dedo coller
na boqu’ e gemendo
e fort’ estrengendo
tod’ e desfazendo,
llo fezo perder.
Muitas vegadas o dem’ enganados…
Daquesta maneira
duas noites fez;
mais aa terceira
a Sennor de prez,
a mui verdadeira
e Virgen enteira,
come luméeyra
sse lle fez veer,
e deu-lle carreiraper que na fogueira
d’ inferno que cheira
non podess’ arder.
Muitas vegadas o dem’ enganados…
E disse: «Pagão,
sse queres guarir,
do demo de chão
t’ ás a departir
e do falsso, vão,
mui louco, vilão
Mafomete cão,
que te non valer
pode, e crischão
te faz e irmão
nosso, e loução
seie sen temer.»
Muitas vegadas o dem’ enganados…
Poi-lo castigara,
el lle respondeo
que en quant’ andara,
todo falleceo,
e que mal mercara
de que non fillara
bautism’, e errara
en seu connocer
por quanto viltara
a fii tan cara.
«Mais mannãa crara
querrei receber
Muitas vegadas o dem’ enganados…
A fe dos Romãos;
ca connosco ben,»
diss’ el, «que pagãos
andan con mal sen
a guisa de vãos,
ca non son certãos
d’a lee dos crischãos
per ren manter,
nen come louçãos,
mais com’ antivãos
contra Mec’ a[s] mãos
punnan de tender.»
Muitas vegadas o dem’ enganados…
Quando foi mannãa,daly o sacou,
seu dono; e chãa-
mente lle contou
que viu da louçãa
Virgen, que nos sãa
e nos da maçãa,
fez perdon aver:
«Porend’ a crischãa,
comprida, certãa
lee, e non vãa,
quero manter.»
Muitas vegadas o dem’ enganados…
Sa razon fida,
fez-lo bautizar
seu don’, e conprida-
ment’ e muit’ onrrar.
E de bõa vida
foi pois, e servida
del a que convida-
nos a gran prazer
de dar sen falida,
qual non foi oyda,
d’ avermos guarida
sen nunca morrer.
Muitas vegadas o dem’ enganados…
Sobelos fondos do mar
– 193 –
Como Santa Maria guardou de morte
u mercadeiro que deitaron no mar.
Sobelos fondos do mar e nas alturas da terra
á poder Santa Maria, Madre do que tod’ ensserra.
E daquest’ un gran miragre vos direi e verdadeiro,
que fezo Santa Maria, Madre do Rei josticeiro,
quand’ o Rei Lois de França a Tunez passou primeiro
con gran gente per navio por fazer a mouros guerra.
Sobelos fondos do mar e nas alturas da terra…
En ha nave da oste, u gran gente maa ya,
un mercador y andava que mui grand’ aver tragia;
e porque soo entrara ontr’ aquela conpania,
penssaron que o matassen pera despender na guerraSobelos fondos do mar e nas alturas da terra…
O aver que el levava. E [tal] conssello preseron
que eno mar o deitassen, e un canto lle poseron
odeito aa garganta e dentro con ele deron.
Mais acorreu-ll[e] a Virgen que nunca errou nen erra,
Sobelos fondos do mar e nas alturas da terra…
Que aly u o deitaron tan tost’ ela foi chegada
e guardou-o de tal guisa, que sol non lli noziu nada
o mar nen chegou a ele, esto foi cousa provada;
ca o que en ela fia, en ssa mercee non erra.
Sobelos fondos do mar e nas alturas da terra…
E ele ali jazendo u o a Virgen guardava,
a cabo de tercer dia outra nav’ y aportava;
e un ome parou mentes da nav’ e vyu com’ estava
aquel ome so a agua, e diz: «Mal aja tal guerra
Sobelos fondos do mar e nas alturas da terra…
U assi os omes matan en com’ a este mataron.»
E dando mui grandes vozes, os da nave ss’ y juntaron,
e mostrou-lles aquel ome; e logo por el entraron
e sacárono en vivo, en paz e sen outra guerra.
Sobelos fondos do mar e nas alturas da terra…
E poi-lo om’ a cabeça ouve da agua ben fora,
catou logo os da nave e falou-lles essa ora
e disse-lles: «Ai, amigos, tirade-me sen demora
daqui u me deitou gente maa que ameud’ erra.»
Sobelos fondos do mar e nas alturas da terra…
Quando os da nav’ oyron falar, espanto prenderon,
ca tian que mort’ era; mais pois lo ben connoceron
e lles el ouve contado como o no mar meteron,
disseron: «Mal aja gente que contra Deus tan muit’ erra.»
Sobelos fondos do mar e nas alturas da terra…
E depois lles ar contava como sempre as vigias
el jajava da Virgen e guardava os seus dias;
e porend’ o guardou ela e feze-lle no mar vias
que o non tangess’ a agua e lle non fezesse guerra.
Sobelos fondos do mar e nas alturas da terra…
«E porque entendeu ela que prendera eu engano,log’ entre mi e as aguas pos com’ en guisa de pano
branco, que me guardou senpre, per que non recebi dano;
poren por servir a ela seerei en esta guerra.»
Sobelos fondos do mar e nas alturas da terra…
Quando os da nav’ oyron esto, mui grandes loores
deron a Santa Maria, que é Sennor das sennores;
e pois foron eno porto, acharon os traedores
e fezeron justiça-los como quen atan muit’ erra.
Sobelos fondos do mar e nas alturas da terra…
Poi-la jostiça fezeron, o mercader entregado
foi de quanto lle fillaran quando foi no mar deitado;
e el dali adeante sempre serviu de grado
a Virgen Santa Maria sen faliment’ e sen erra.
Sobelos fondos do mar e nas alturas da terra…
Como o nome da Virgen
– 194 –
Como Santa Maria livrou u jograr dus
que o querian matar e lle querian fillar o que tragia.
Como o nome da Virgen é aos bõos fremoso,
assi é contra os maos mui fort’ e mui temeroso.
Dest’ avo un miragre en terra de Catalonna
dun jograr que ben cantava e apost’ e sen vergonna;
e andando pelas cortes, fazendo ben ssa besonna,
a casa dun cavaleiro foi pousar cobiiçoso,
Como o nome da Virgen é aos bõos fremoso…
Que lle deu aquela noite ben quanto mester avia.
Mais da besta e dos panos que aquel jograr tragia
aquel cuteif’ avarento tal cobiiça ll’ en crecia,
que mandou a un seu ome mao e mui sobervioso
Como o nome da Virgen é aos bõos fremoso…
Que lle tevess’ a carreira con outro de ssa conpanna
en un logar encuberto dentr’ en alga montanna.
E esto fez el de grado, ca xo avia por manna,
ca en fazer maos feitos non vos era vagaroso;
Como o nome da Virgen é aos bõos fremoso…E dessa natura mesma levou sig’ un conpanneiro.
E o jograr espediu-sse mannãa do cavaleiro;
e des que foi no camo e o viron yr senlleiro,
aqueles dous o prenderon en un logar mui fragoso,
Como o nome da Virgen é aos bõos fremoso…
E logo daquel camynno mui longe o alongaron,
e do que sigo tragia nulla ren non lle leixaron;
des i que o degolassen ontre ssi o acordaron,
mais nono sofreu a Virgen nen seu Fillo grorioso.
Como o nome da Virgen é aos bõos fremoso…
E estando en perfia de qual deles o matasse,
deitaron ontre ssi sortes quen primeiro começasse;
mas non quis Santa Maria que tal feito s’ encimasse,
ca el diss’ a grandes vozes: «Madre do Rei piadoso,
Como o nome da Virgen é aos bõos fremoso…
E val-m’ e que me non maten me defende sen demora.»
Eles, quand’ aquest’ oyron, tiraron-sse log’ afora
e os sentidos perderon dos corpos en essa ora,
que sol falar non poderon. E o jograr perdidoso
Como o nome da Virgen é aos bõos fremoso…
De quanto ali trouxera, pois viu que assi estavan
catando-sse u con outro e que non se falavan,
fillou todo o seu logo e foi-ss'; e eles ficavan
con mui gran pavor de morte. Feito tan maravilloso
Como o nome da Virgen é aos bõos fremoso…
Se foi nunca niun ome que dele falar oisse,
que por ementar o nome da Virgen ren non sentisse
ome do corpo; mais esto ant’ a profeta o disse,
que come azes paradas era seu nom’ espantoso.
Como o nome da Virgen é aos bõos fremoso…
O jograr sse foi sa via, dando mui grandes loores
aa Virgen groriosa, acorro dos peccadores;
e quantos aquesto oyron, os grandes e os mores,
teveron este miragre por nobr’ e por piadoso.
Como o nome da Virgen é aos bõos fremoso…Quena festa e o dia
– 195 –
Como Santa Maria fez que onrrassen o cavaleiro
que morreu no torneamento, porque guardou a sa festa.
Quena festa e o dia
da mui Groriosa
quiser guardar todavia,
seer-ll-á piadosa.
E desto contado
per mi mui de grado
será e mostrado
que a que nos guia,
a mui Preciosa,
fez miragre sinaado,
come poderosa,
Quena festa e o dia
da mui Groriosa
quiser guardar todavia,
seer-ll-á piadosa.
Dun bon cavaleiro
d’ armas, que senlleiro
con seu escudeiro
a un tornei ya
e viu mui fremosa
mena en un terreiro
e muit’ amorosa.
Quena festa e o dia
da mui Groriosa
quiser guardar todavia,
seer-ll-á piadosa.
El nunca quisera
casar, mas mui fera-
mente garçon era;
poren lle fazia
ssa luxuriosa
voontade que ouvera
sempr’ e boliçosa,
Quena festa e o dia
da mui Groriosa
quiser guardar todavia,
seer-ll-á piadosa.
Que a cobiiçassee a demandasse
e sigo levasse,
e que averia
noite mui viçosa,
se con ela albergasse,
e mui saborosa.
Quena festa e o dia
da mui Groriosa
quiser guardar todavia,
seer-ll-á piadosa.
A seu padr’ agynna
mandou da menynna,
dessa fremosynna,
que el lle daria
per que menguadosa
nunca fosse nen mesqa,
mais sempr’ avondosa.
Quena festa e o dia
da mui Groriosa
quiser guardar todavia,
seer-ll-á piadosa.
E el con pobreza,
por gãar requeza
fez grand’ avoleza,
disse que querria;
e mui vergonnosa-
mente lla deu con vileza,
ca non por esposa.
Quena festa e o dia
da mui Groriosa
quiser guardar todavia,
seer-ll-á piadosa.
Pois lla outorgada
ouve [e] levada
dentr’ a ssa pousada,
ela sse changia,
dizend': «Ai, coitosa,
nunca mais serei chamada
virgen omildosa.»
Quena festa e o dia
da mui Groriosa
quiser guardar todavia,
seer-ll-á piadosa.
U ela chorava,el lle demandava
como sse chamava.
Diss’ ela: «Maria
a malavegosa,
que en quant’ eu receava
ca com’ astrosa;
Quena festa e o dia
da mui Groriosa
quiser guardar todavia,
seer-ll-á piadosa.
Ca sempr’ eu guardara,
pois sabad’ entrara,
sa noit’ e punnara
de ter vigia
pola desejosa
vida gãar, que achara
certa, non dultosa.»
Quena festa e o dia
da mui Groriosa
quiser guardar todavia,
seer-ll-á piadosa.
Quand’ el est’ oydo
ouve, esmarrido
foi e mui partido
do que cometia;
e ant’ a chorosa
se connoceu por falido,
pois religiosa
Quena festa e o dia
da mui Groriosa
quiser guardar todavia,
seer-ll-á piadosa.
Era ben na mente.
Poren mantenente
a un seu sergente
diz: «A abadia
que é en Tolosa
mi leva, de San Clemente,
esta querelosa.
Quena festa e o dia
da mui Groriosa
quiser guardar todavia,
seer-ll-á piadosa.
E di log’ a essaque é abadessa,
que nunca condessa
sigo colleria
que mais proveitosa
lle seja, ca, mia promessa,
non é revoltosa.»
Quena festa e o dia
da mui Groriosa
quiser guardar todavia,
seer-ll-á piadosa.
Ey-la no convento,
e el, non con cento,
no torneamento,
u morte prendia
mui perigoosa;
e [y] ouv’ enterramento
na praça ervosa.
Quena festa e o dia
da mui Groriosa
quiser guardar todavia,
seer-ll-á piadosa.
O convent’ estando
a el asperando
muit’ e preguntando
quando chegaria;
mais lá mui queixosa
a moça foi por el, quando
ouve sospeytosa
Quena festa e o dia
da mui Groriosa
quiser guardar todavia,
seer-ll-á piadosa.
Sa vida, e forte
temeu del sa morte.
Mas deu-ll’ en conorte
de noit’ u durmia
a mui Graciosa,
dizendo: «Daquel ssa sorte
non é temerosa,
Quena festa e o dia
da mui Groriosa
quiser guardar todavia,
seer-ll-á piadosa.
Ca ja é na vidasanta e comprida.
Mas tu sen falida
mia messageria
faz com’ aguçosa
à abadessa, que ida
faça mui trigosa
Quena festa e o dia
da mui Groriosa
quiser guardar todavia,
seer-ll-á piadosa.
Ali u lidaron,
ca ben y mataron
e ar enterraron
aquel que t’ avia
por muit’ enganosa-
mente, e a el tiraron
daquest’ amargosa
Quena festa e o dia
da mui Groriosa
quiser guardar todavia,
seer-ll-á piadosa.
Vida e deserta;
de que será certa
quando vir aberta-
mente que nascia
ha deleytosa
rosa; poren sen referta
vaa y goyosa.»
Quena festa e o dia
da mui Groriosa
quiser guardar todavia,
seer-ll-á piadosa.
A moça, que sage
foi, aquel viage
fez com’ é usage;
foi quant’ ir podia
aa mui briosa
abadess’ e seu message
contou mederosa-
Quena festa e o dia
da mui Groriosa
quiser guardar todavia,
seer-ll-á piadosa.
Ment’. E ela disse:«Non foi quen oysse
nunca neno visse
est’ e eu sandia
e mui revatosa
seria sse y saisse
por ti, mentirosa.»
Quena festa e o dia
da mui Groriosa
quiser guardar todavia,
seer-ll-á piadosa.
A moç’ esperduda
sse foi, e viuda
a Virgen sannuda
ouve que dizia:
«Torn’ à orgullosa
abadessa atrevuda
e mui desdennosa,
Quena festa e o dia
da mui Groriosa
quiser guardar todavia,
seer-ll-á piadosa.
E dá-lle synaes
de pecados taes
que fez mui mortaes,
per que yr devia
aa espantosa
perdiçon, porque fez maes
come vil lixosa.»
Quena festa e o dia
da mui Groriosa
quiser guardar todavia,
seer-ll-á piadosa.
A moça mui quedo
llo diss’ e con medo.
E a dona cedo
meteu-sse na via
muit’ apressurosa-
ment’, e non guardou degredo,
e foy affanosa
Quena festa e o dia
da mui Groriosa
quiser guardar todavia,
seer-ll-á piadosa.
En desoterra-loe dali leva-lo
e depois deita-lo
como merecia;
ca maravillosa
vertude fez en mostra-lo
a mui vertuosa.
Quena festa e o dia
da mui Groriosa
quiser guardar todavia,
seer-ll-á piadosa.
Daly adeante
foi mui ben andante
a moça, que ante
muito mal soffria
da mui despeitosa
abadessa de talante
brava e sannosa.
Quena festa e o dia
da mui Groriosa
quiser guardar todavia,
seer-ll-á piadosa.
Como quer que gran poder
– 197 –
Como Santa Maria de Terena ressocitou u meno a que matara o demo.
Como quer que gran poder
á o dem’ en fazer mal,
mayor l’ á en ben fazer
a Reynna spirital.
Ca sse el algun poder á [de] os omees matar
pelos pecados que fazen, e o quer [Deus] endurar,
mui mayor poder sa Madr[e] á en os ressucitar;
e porend’ un gran miragre vos direi de razon tal.
Como quer que gran poder
á o dem’ en fazer mal,
mayor l’ á en ben fazer
a Reynna spirital.
En un logar que Os Conbre[s] chamad’ é, que preto jaz
de Xerez de Badallouço, ouv’ y un ome de paz
mui rico, que seus gãados avia e pan assaz,
e est’ un seu fill’ avia que amava mui mais d’ al.Como quer que gran poder
á o dem’ en fazer mal,
mayor l’ á en ben fazer
a Reynna spirital.
E porque aquel seu fillo amava mais d’ outra ren,
mandou-lle que seus gãados fillase e guardasse ben;
e con despeito daquest’ o fillou o demo poren,
mais dest’ a madr’ e o padre avian coita mortal.
Como quer que gran poder
á o dem’ en fazer mal,
mayor l’ á en ben fazer
a Reynna spirital.
Ca tan forte o fillava o demo, com’ aprendi,
cinc’ ou seis vezes no dia, ou sete, per com’ oý;
mais ha vez atan forte o fillou, que ben aly
u estava afogou-o, e morreu, u non ouv’ al.
Como quer que gran poder
á o dem’ en fazer mal,
mayor l’ á en ben fazer
a Reynna spirital.
Mas seu padr’ e seus parentes fezeron doo enton
por el mui grand’ e mui fero, chorando de coraçon,
e un seu irmão disse: «Oyde-m’ ha razon,
ca tenno que o terredes por conssello mui leal:
Como quer que gran poder
á o dem’ en fazer mal,
mayor l’ á en ben fazer
a Reynna spirital.
Meu yrmão prometera por en romaria yr
a Terena, mais non quiso Deus que o fosse conprir;
mais eu, porque ele seja perdõado, sen falir
yrei alá de bon grado e farey este jornal.
Como quer que gran poder
á o dem’ en fazer mal,
mayor l’ á en ben fazer
a Reynna spirital.
Mais ficad’ ant’ os gollos e a[a] Madre de Deus
rogade que lle perdõe todo-los pecados seus,
e eu promet’ a sa obra dez daquestes porcos meus,
en tal que por ele rogue a Sennor que pod’ e val.»
Como quer que gran poderá o dem’ en fazer mal,
mayor l’ á en ben fazer
a Reynna spirital.
Por rogo da Virgen Madre Deus ssa oraçon oyu,
e o que jazia morto atan toste resurgiu,
e des ali adeante daquel mal ren non sentiu;
esto fez Santa Maria, que aas coitas non fal.
Como quer que gran poder
á o dem’ en fazer mal,
mayor l’ á en ben fazer
a Reynna spirital.
Outro dia madurgada pera Terena fillou
o camynn’, e seu irmão nunca sse dele quitou;
e pois foi ena eigreja, aqueste feito contou
todo como ll’ avera, e seu don deron y qual
Como quer que gran poder
á o dem’ en fazer mal,
mayor l’ á en ben fazer
a Reynna spirital.
Ante prometud’ avian. E poren todos loor
deron a Santa Maria, Madre de Nostro Sennor,
porque resurgiu de morte o que o demo mayor
matou, e desfez seu feito como a agua o sal.
Como quer que gran poder
á o dem’ en fazer mal,
mayor l’ á en ben fazer
a Reynna spirital.
Muitas vezes volv’ o demo
– 198 –
Esta é como Santa Maria fez fazer paz e que sse perdõassen us omees que sse
querian matar us con outros ant’ a sa eigreja en Terena.
Muitas vezes volv’ o demo as gentes por seus pecados,
que non quer Santa Maria, pois lle son acomendados.
Dest’ avo en Terena un miragre mui fremoso
que mostrou Santa Maria, e d’ oyr mui saboroso;
e poi-lo oyren, creo que por mui maravilloso
o terrán, e que metudo dev’ a seer ontr’ os preçados.
Muitas vezes volv’ o demo as gentes por seus pecados…Naquel logar s’ ajuntaron d’ omees mui gran conpanna
que luitavan e fazian gran festa, a for d’ Espanna;
mais o demo, de mal cho, meteu ontr’ eles tal sanna,
que por sse mataren todos foron mui corrend’ armados,
Muitas vezes volv’ o demo as gentes por seus pecados…
E a lidar começaron, ferindo-ss’ a desmesura,
[e] durou o mais da noite aquesta malaventura,
cuidando que sse matavan; mais a nobre Virgen pura
non quis, cujos romeus eran, que mortos nen sol chagados
Muitas vezes volv’ o demo as gentes por seus pecados…
Fossen da lid’ a ssa casa, mais en meogo dun chão,
u lidaron ben des quando começara o serão
e u sse matar cuidavan, ben assi de cabo são
fez que fossen us d’ outros muit’ amigos e pagados.
Muitas vezes volv’ o demo as gentes por seus pecados…
E u andavan buscando os mortos que soterrassen
e os outros mal chagados, de que ben penssar mandas[s]en,
non quiso Santa Maria, que neu tal achassen;
mas perpontos e escudos acharon muitos colpados.
Muitas vezes volv’ o demo as gentes por seus pecados…
Ca non foi neu deles que non tevesse ferida,
mas sol non tangeu en carne, ca non quis a mui conprida
Reyn[n]a Santa Maria; ca ela nunca obrida
de valer aos que ama nen aos que son cuitados.
Muitas vezes volv’ o demo as gentes por seus pecados…
Porend’ aqueste miragre por mui grande o teveron
todos quantos lo oyron, e porende graças deron
grandes a Santa Maria; e pois ssa festa fezeron,
deron y de seus deiros e deles de seus gãados.
Muitas vezes volv’ o demo as gentes por seus pecados…
Com’ é o mund’ avondado
– 199 –
Como un peliteiro, que non guardava as festas de Santa Maria,
começou a lavrar no seu dia de março, e travessou-sse-lle a agulla
na garganta que a non podia deitar;
e foi a Santa Maria de Terena e foi logo guarido.Com’ é o mund’ avondado de maes e d’ ocajões,
assi é Santa Maria de graças e de perdões.
Ca sse Deus soffr’ ao demo que polos nossos pecados
nos dé coitas e doores e traballos e coidados,
logo quer que por sa Madre sejan todos perdõados
por creenças, por jajus, por rogos, por orações.
Com’ é o mund’ avondado de maes e d’ ocajões…
Poren direi un miragre que fez por un peliteiro
que morava na fronteira en un castelo guerreiro
que Burgos éste chamado, e demais está fronteiro
de Xerez de Badallouce, u soen andar ladrões.
Com’ é o mund’ avondado de maes e d’ ocajões…
E en aqueste castelo o peliteiro morava,
que da Madre de Deus santa nunca as festas guardava,
e pola festa de Março, u el sas peles lavrava,
e do mal que ll’ end’ avo, por Deus, oyde, varões:
Com’ é o mund’ avondado de maes e d’ ocajões…
Ca u meteu a agulla na boqu’ e enderençando
as peles pera lavra-las, non catou al senon quando
a trociu, e na garganta se lle foi atravessando;
ca os que o demo serven an del taes galardões.
Com’ é o mund’ avondado de maes e d’ ocajões…
E daquesta guisa seve muitos dias que deita-la
per nulla ren non podia nen outrossi traspassa-la;
demais inchou-ll’ a garganta, assi que perdeu a fala,
e tornou-ll’ o rosto negro muito mais que os carvões.
Com’ é o mund’ avondado de maes e d’ ocajões…
E pois el parou [y] mentes e viu que assi morria,
e fisica que fezesse nulla prol non lle fazia,
mandou-sse levar tan toste dereit’ a Santa Maria
de Terena, prometendo- lle sas offertas e dões.
Com’ é o mund’ avondado de maes e d’ ocajões…
E quando foi na eigreja, ant’ o altar o deitaron
e log’ a Santa Maria muito por ele rogaron;
e el chorand’ e gemendo dormeceu, e non cataron
senon quando ll’ a agulla sayu sen grandes mixões
Com’ é o mund’ avondado de maes e d’ ocajões…Que fezesse por saca-la; ca u jazia dormindo,
a Virgen mui groriosa lla fez deitar, e tossindo,
envolta en ha peça de carn’. E esto oyndo
as gentes que y estavan deron grandes beições
Com’ é o mund’ avondado de maes e d’ ocajões…
Aa beita Reynna, que en ceo e en terra
acorre aos coitados e perdõa a quen ll’ erra,
e pera aver mercee nunca a ssa porta serra,
e que os guarda do dem’ e de sas maas tentações.
Com’ é o mund’ avondado de maes e d’ ocajões…
Santa Maria loei
– 200 –
Esta é de loor de Santa Maria.
Santa Maria loei
e loo e loarei.
Ca, ontr’ os que oge nados
son d’ omees muit’ onrrados,
a mi á ela mostrados
mais bes, que contarei.
Santa Maria loei
e loo e loarei.
Ca a mi de bõa gente
fez vir dereitamente
e quis que mui chãamente
reinass’ e que fosse rei.
Santa Maria loei
e loo e loarei.
E conas sas piadades
nas grandes enfermidades
m’ acorreu; por que sabiades
que poren a servirey.
Santa Maria loei
e loo e loarei.
E dos que me mal querian
e buscavan e ordiandeu-lles o que merecian,
assi como provarei.
Santa Maria loei
e loo e loarei.
A mi de grandes pobrezas
sacou e deu-me requezas,
por que sas grandes nobrezas
quantas mais poder direi.
Santa Maria loei
e loo e loarei.
Ca mi fez de bõa terra
sennor, e en toda guerra
m’ ajudou a que non erra
nen errou, u a chamei.
Santa Maria loei
e loo e loarei.
A mi livrou d’ oqueijões,
de mortes e de lijões;
por que sabiades, varões,
que por ela morrerei.
Santa Maria loei
e loo e loarei.
Poren todos m’ ajudade
a rogar de voontade
que con ssa gran piadade
mi acorra, que mester ei.
Santa Maria loei
e loo e loarei.
E quando quiser que seja,
que me quite de peleja
daquest mund’ e que veja
a ela, que sempr’ amei.
Santa Maria loei
e loo e loarei.